Skip to Content

COMEDOR 2023/24

COMEDOR ESCOLAR 23/24

O comedor escolar do CEIP Plurilingüe Souto Donas está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación.

Nos anexos tedes a información e, en caso de baremo, os puntos que se van ter en conta por orde para a selección de usuarios do comedor escolar no caso de que haxa máis solicitudes que prazas

É importante e necesario acreditar os puntos que marquedes. As solicitudes que non acheguen a información necesaria, quedan excluídas.

1- Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social (certificado dos Servizos Sociais Municipais).

2- Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior (Sempre con certificado de traballo dos dous proxenitores e con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía) e alumnado de nova incorporación que sexa irmán/á destes usuarios de comedor. O alumnado fóra da área de influencia usuaria do servizo comedor terá preferencia ata o curso 23-24.

- Ten preferencia alumnado que fai uso os 5 días da semana. No caso de usuarios actuais que fan uso en días alternos perderán o seu dereito fronte aos que precisen todos os días.

Terán que acreditalo documentalmente mediante a seguinte documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente / Certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público / Certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo / Certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.

3- Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar (usuarios de transporte que vivan na área de influencia a máis de 2 km do centro).

Utilizaremos o certificado de empadroamento que consta no Centro. En caso de haber variacións entregarase un novo certificado no que figuren todos os membros da unidade familiar que convivan nel. A data de alta no domicilio debe ter unha antigüidade mínima dun ano.

4- Alumnado que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33% (certificado de discapacidade).

5- Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.

6- Alumnado fóra da área de influencia cuxos proxenitores traballan (alumnado cuxo domicilio está situado fóra da área de influencia do Centro).

7- Alumnado que non estea dentro dos anteriores apartados, incluído aos escolarizados fóra da área de influencia que lles correspondería

 

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

- Impreso de solicitude cuberto e asinado

- ANEXO II (Modelo de Autodeclaración)

- Certificados necesarios 

Enviar por correo electrónico a ceip.souto.donas@edu.xunta.gal

 

 

PRAZOS

- Entrega de solicitudes e Anexo II: do 30 de xuño ao 5 de xullo. (Preferentemente por correo electrónico: ceip.souto.donas@edu.xunta.gal)

- Publicación da listaxe provisional de admitidos e reservas:  o alumnado que quede en reserva será avisado telefonicamente ou por abalar.

- Reclamacións: prazo de 5 días despois da publicación provisional.

- Publicación da listaxe definitiva de admitidos e reservas

- O Centro publicará unha listaxe provisional/definitiva de admitidos e reservas no taboleiro de anuncios.

 



page | by Dr. Radut