Skip to Content

Proposta de actividades para o mes de febreiro. Curso 2020-21

 

1.-Esta actividade é de carácter voluntario, podes facela de xeito individual ou en grupo (familia,...).
 
Trátase de aprender os pasos deste Tiktok do que vos deixo o enlace, e facelo propio coas variantes que estimedes oportunas. Deixaremos ata finais de febreiro para recoller todos os que presentedes e facer unha composición.
 
O obxectivo e traballar a coordinación dinámica xeral e sobre todo promover a práctica de actividade física. Debedes insistir en que antes de gravar hai que telo ben feito e ben sabido, sobre todo por parte do alumnado. Podedes utilizar un vestiario orixinal e insistir en amosar unha boa expresión facial, co que tamén entramos en contidos da expresión corporal.
https://www.youtube.com/watch?v=fTZJgznUfKA
 
En definitiva, unha proposta sinxela para facer actividade física.
 
2.- Outra proposta é que mandedes un vídeo con algunha actividade feita cos pés. Non podedes utilizar as mans para nada. Exemplos: Meter pelotas ou calcetíns dentro dunha caixa ou caixón, un paso de baile complicado, pasar cousas de un lado a outro,...... Algo que requira práctica e que teña certa dificultade.Botádelle imaxinación.

 

Mandade os traballos ao correo: educacionfisicadonas@gmail.com e por favor en formato mp4.

 

Bicos para todos/as.

 

 

 

 Resultado de imagen de GIFS ANIMADOS ACTIVIDAD FISICA EN FAMILIA

 

 



page | by Dr. Radut