Skip to Content

Actividade Tiktok

Empezamos este trimestre propoñendo unha actividade con carácter voluntario, que se pode facer de xeito individual ou en grupo (familia,...).

Trátase de aprender os pasos deste Tiktok do que vos deixo o enlace, e facelo propio coas variantes que estimedes oportunas. Deixaremos ata finais de xaneiro para recoller todos os que presentedes e facer unha composición.

O obxectivo e traballar a coordinación dinámica xeral e sobre todo promover a práctica de actividade física. Debedes insistir en que antes de gravar hai que telo ben feito e ben sabido, sobre todo por parte do alumnado. Podedes utilizar un vestiario orixinal e insistir en amosar unha boa expresión facial, co que tamén entramos en contidos da expresión corporal.

En definitiva, unha proposta sinxela para facer actividade física.

Ánimo e non deixedes de facer exercicio.

Se necesitades máis tempo, mo decides e non hai problema.

Nano.

https://www.youtube.com/watch?v=z8xYp-LkbJM&ab_channel=loquecallamoslosdelIMSS



page | by Dr. Radut