Skip to Content

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NEAE

 

         

Documentación para solicitar AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO  PARA O CURSO 2020-2021 (becas de Educación Especial).

 

 

A TER EN CONTA:

 

1.- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas .

 

2.- No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)

 

Nota: (Considéranse membros da unidade familiar: o solicitante, os pais ou titores, os irmáns solteiros que vivan no domicilio familiar, ou de calquera idade cando sexan discapacitados, e os ascendentes dos pais do solicitante que vivan no domicilio familiar)

 

Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas dúas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.

 

Presentarase tamén documentación acreditativa do certificado de discapacidade.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

 

  • A solicitude, que se cubrirá na páxina web da sede electrónica do Ministerio de Educación.
  • Copia dos datos identificativos da  conta bancaria (código conta cliente). O solicitante (alumno)  deberá figurar obrigatoriamente entre os titulares ou cotitulares da conta.
  • Copia do DNI ou no seu caso número de identificación de estranxeiro (NIE) de todos os membros da unidade familiar maiores de 14 anos 
  • Copia dos xustificantes das situacións que declare o solicitante no apartado H: familia numerosa, minusvalía do solicitante ou de algún irmán, etc.
  • Informe do Gabinete onde vai a empregar a axuda o solicitante.

MOI IMPORTANTE:

 

 O prazo para presentar as solicitudes no centro escolar remata o 30 de Setembro.  

 

            Se tendes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración póndevos en contacto comigo.

 

       Un saúdo.

 

                                                                                  Donas, 8 de Setembro de 2020.

 

                                                                                             O orientador

 

 

 

Enlace onde podedes atopar toda a documentación:http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#ds1

 



page | by Dr. Radut