Skip to Content

REGUEIFA COLECTIVA- 2º TRIMESTRE.

Esta é a regueifa que creamos @s regueifeir@s do segundo trimestre do curso 2019-20.

Gozade dela e cantade con nós!!!

Aquí tedes a letra, para poder acompañarnos:

 

Ola, como estades todos?

Hoxe vimos saudarvos.

queremos facer regueifas

e despois imos marcharnos.

Non nos gusta o maltrato

se nós temos un animal.

Necesitamos axuda

porque iso está FATAL.

 

Non nos gustan os exames

que nos fan facer no cole.

Os profesores son malos.

Temos que facer que MOLE!!!

 

As persoas non fan caso

e despois hai consecuencias.

O medio ambiente o reflexa

e nós facemos regueifas. 

 

Os nosos pais son moi malos

que nos fan facer deberes.

Non nos gusta o traballo.

Nós queremos máis PODERES!! 

Ata aquí chegou o conto.

Esta é a despedida.

Xa acabamos a regueifa.

Vémonos o outro día. 

 

Premede na IMAXE para visualizar o noso traballo.

 

 



page | by Dr. Radut