Skip to Content

DÍA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

O 25 de Novembro é a data na que cada ano lembramos a todas as mulleres vítimas de malos tratos, abusos e outros tipos de violencia a mans, case sempre das súas parellas ou exparellas.
É un día tinguido de morado, a cor da loita contra a violencia cara ás mulleres.

Poñeremos ese día as camisetas reivindicativas, así deixaremos moi claro o noso REXEITAMENTO Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES e o noso compromiso con MODELOS DE CONVIVENCIA BASEADOS NA LIBERDADE, NO RESPECTO E NA IGUALDADE.

 

 



page | by Dr. Radut