Skip to Content

Histórico centro

SAÍDA DO 3º CICLO Á CORUÑA. XOVES 26 DE FEBREIRO DE 2015

AQUÍ TENDES AS FOTOS DA SAÍDA Á CORUÑA O XOVES DÍA 26/02/15.

VISITAMOS.

  • A CASA DAS CIENCIAS/PLANETARIO.
  • O DOMUS.
  • O ACUARIO.

Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas interesantes.

 

 

PARTS OF THE FACE SONG FOR PRESCHOOLERS

 

 

FLORES NO DÍA DE ROSALÍA

Conmemoramos este día con actividades propostas polos equipos de Biblioteca e Dinamización Lingüística. Ademais de ilustrar todos en cada clase un poema de Rosalía de Castro, lemos Alborada e escoitamos Alborada para Rosalía, de Carlos Núñez. Finalmente, realizamos en papel un "agasallo": unhas coloridas flores de papel que levaban escritos os primeiros versos do poema.

 

 

 

EN GALEGO POLO MUNDO

Como puidemos ler e escoitar nos medios de comunicación nos últimos días, a aprendizaxe da lingua portuguesa vai ser implantada progresivamente nos centros educativos a partir do vindeiro curso.

Previamente a esta nova, no noso centro, en relación co proxecto " Nenos e nenas do mundo", quixemos deixar reflictido dende o EDLG aqueles lugares do mundo onde se comunican en linguas lusófonas, é dicir, onde se fala o portugués. 

Un dos obxectivos da actividade foi o de valorar a lingua propia: grazas a que o galego é intercomprensible co portugués, a lingua galega ten dimensión internacional. Temos a gran vantaxe de poder entendernos con máis de 250 millóns de persoas de distintos países do mundo onde se falan linguas lusófonas.

Todo isto quedou plasmado nun pequeno proxecto exposto nun recanto do colexio:

"EN GALEGO POLO MUNDO"

 

 

 

 

 

ÁRBORE DOS PROVERBIOS

Dende o EDLG realizamos un traballo de busca, selección e tradución de ditos e proverbios propios de catro países: Brasil, Etiopía, India e China.  Sobre estes países xira o proxecto de centro "Nenos e nenas do mundo ".

Cada aula escribiu dous proverbios nunhas follas, coas cales creamos unha gran árbore.

 

 
 
 

ONE POTATO, TWO POTATO

 A  traditional rhyme we usually sing in class. Click on the tittle to listen to it.

 
Counting-out Rhyme
 
One potato, two potato,
Three potato, four,
Five potato, six potato,
Seven potato, more!
 
                                         

EN GALEGO POLO MUNDO...

O alumnado de 6º realizou un traballo de grupo sobre este proxecto.

 

 

 

XORNADA DE TENIS DE MESA COS AMIGOS DA AGRUPACIÓN DE VINCIOS.LUNS 02 DE MARZO DE 2015

Hoxe tivemos a visita dos adestradores do clube de tenis de mesa de Vincios.

A parte de ensinarnos algunhas cuetións técnicas para mellorar o noso xogo, fixéronos unha demostración na que  comprobamos a dificultade deste fermoso deporte e as cualidades necesarias para ser un bo xogador/a.

Deixamos algunhas fotos do evento.

 

EASTER IS COMING!

Here is a wonderful Lim designed and published by a Galician teacher, Belén Junquera. Let´s learn words and  listen to some songs related to Easter.

 

 

 

 

 

And now have fun with Peppa Pig and an egg hunt.

 

 

 

 

 

Cuarto Obradoiro de Xogos Populares



by Dr. Radut