Skip to Content

PARABÉNS E SORTE!!!

Outra promoción máis que remata a súa etapa neste colexio e coma todas é especial e única.

Sodes un grupo de rapaces e rapazas activos, participativos e sempre dispostos, polo que desexamos de todo corazón que este colexio deixara en cada un de vós a mesma pegada que vós deixade aquí.

Os mestres e mestras de 6º queremos despedirnos con este pequeno vídeo.

Que cos vosos valores, o voso traballo e bo facer  fagades desta unha sociedade mellor.

 

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DO 3º TRIMESTRE EN ABALAR

A publicación das cualificacións da terceira avaliación a través de Abalar realizarase o 22 de xuño nos seguintes horarios*:

  • 14:00 horas: E. Infantil, 1º e 2º de EP.
  • 15:00 horas: resto de niveis de EP.

*A publicación en horarios diferentes é debida a motivos informáticos.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022

Desde o 20 xuño ata o 30 de xuño, ambos incluídos, estará aberto o prazo para a formalización da matrícula do alumnado que obtivo praza no centro para o curso 2021/2022.

Debe presentarse a seguinte documentación en secretaría:

  • Dúas fotografías actualizadas tamaño carné.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Cartilla de vacinación actualizada.
  • DNI do alumno/a (no caso de telo).
  • En caso de divorcio ou separación, copia cotexada (pode realizarse no propio centro) da setenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.

PROXECTO SEMENTE 2021

 

O Proxecto Semente 2020/21 organizado polo Concello de A Coruña está chegando ao seu fin. Os nenos e nenas de 5ºB levan meses traballando na súa cooperativa, Vida Verde, e facendo todo tipo de produtos artesáns.

Este venres 28 de maio, estes pequenos grandes emprendedores e emprededoras estarán, xunto con outros 7 colexios do concello, na Praza de María Pita entre as 16:30 e 20:30 horas para vender os produtos artesáns nos que, con tanto esforzo e cariño, levan meses traballando.

Desde o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos convidar a toda a comunidade educativa a achegarvos polo posto da súa cooperativa Vida Verde.

Contamos con vós!

DÍA DO LIBRO 2021

Como cada 23 de abril celebramos no cole o Día do libro

Os libros din moito de nós, polo que os nenos e nenas trouxeron os seus libros favoritos para ler e así poder coñecelos un pouco mellor.

Preme nas imaxes para saber que libros trouxeron neste día de festa. 

 

 

 

“O que le moito e anda moito, ve moito e sabe moito”. Miguel de Cervantes.

DÍA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA - SEMENTA CAMIÑO EXTERIOR

A EDUCACIÓN FÍSICA GUÍA O CAMIÑO.

O día da Educación Física na Rúa do CEIP San Pedro de Visma fíxose eco na prensa local da Opinión de A Coruña.

Celebramos este evento durante dous días realizando rutas de sendeirismo que ampliaban os circuitos do noso camiño de Santiago do proxecto "Sementa Camiño". As rutas realizáronse polo parque dos mariñeiros, parque Adolfo Suárez e o barrio de San Pedro de Visma. Todo unha experiencia positiva na que puxo ainda máis en valor a Educación Física na formación do alumnado no día a día.

 

PULSA NA IMAXE PARA ACCEDER Á NOVA DA OPINION DE A CORUÑA

 

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2021-22

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/22

Desde o 1 ata o 22 de marzo, ambos incluídos, estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión no noso centro para o curso 2021/22.

Que documentación hai que presentar?

  • Modelo de solicitude debidamente cuberto (ED550B).
  • Copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a (DNI, partida de nacemento, padrón municipal…).
  • No caso de optar a un curso de primaria, deberán achegar a certificación de matrícula do centro de procedencia (certificado oficial do expediente académico).
  • En caso de separación xudicial ou divorcio, presentarase unha copia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

Como se pode presentar a solicitude?

  • Na secretaría do propio centro.
  • De xeito telemático, na aplicación “Admisión do alumnado”.  É imprescindible contar con certificado dixital ou a chave 365.

 No caso de optar pola presentación na secretaría do centro pódese obter o modelo de solicitude dos seguintes xeitos.

 

Prazas ofertadas en 4º de infantil: 50*


 * 6 destas prazas están disposición da comisión de escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15)

 

 Resumo do calendario do proceso de matrícula.

1 ó 22 de marzo de 2021 Presentación de solicitudes
25 de marzo a 9 de abril Presentación da documentación acreditativa en caso de ser necesaria a baremación.
Antes do 26 de abril Publicación no centro  da listaxe provisional de admitidos/as e non admitidos/as
Antes do 15 de maio

Publicación no centro das listaxes definitivas de admitido/as e non admitidos/as

Do 20 ao 30 de xuño Formalización da matrícula

 

COÑECE O NOSO COLEXIO

Queres coñecernos? Xa podes facelo na presentación de abaixo.

NOVIDADE: gracias ao Concello de A Coruña tendes a vosa disposición unha visita virtual 360º da colexio. Preme AQUÍ e na ventana emerxente selecciona o noso colexio no mapa ou no listado.

Se queredes máis información non dubidedes en contactar con nós.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut