Skip to Content

ADMISIÓN: PUBLICADA A LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO PARA O CURSO 2024/25

Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido e excluído para o curso 2024/25.

A listaxe está dispoñible no Taboleiro de anuncios, á carón da conserxería e no enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ (con Chave 365 ou Certificado dixital).

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A consulta das listaxes soamente poderá realizarse de xeito presencial no centro. Seguindo a normativa vixente non se proporcionará información telefónica sobre a listaxe e queda prohibida a toma de fotografías e/ou a difusión das listaxes por calquera medio non autorizado.

As familias deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño no centro.



blog | by Dr. Radut