Skip to Content

CONSELLO ESCOLAR: RENOVACIÓN PARCIAL DO SECTOR DE NAIS, PAIS E TITORES DO ALUMNADO.

Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Consellería de Educación, neste curso 2021-22 debe ralizarse a renovación parcial do sector de nais, pais e titores/as legais do alumnado do Consello Escolar do centro.

Compre destacar os seguintes aspectos recollidos na mencionada Resolución:

  1. Corresponde a renovación de 1 membro do sector dos 5 que o compoñen.
  2. Poderán prentar a súa candidatura todos o pais, nais, titores e titoras do alumnado que realicen a solicitude a través do modelo oficial dispoñible na secretaría do centro.
  3. A presentación de candidaturas farase na secretaría do centro ata o 12 de novembro ás 14:00 horas.
  4. Poderán participar na votación as nais/pais ou titores/as con alumnado matriculado no centro e incluídas no censo que estará dispoñible desde o 3 de novembro no taboleiro de anuncios.
  5. As votacións terán lugar o día 22 de novembro no colexio entre as 17:00 e as 20:00 horas.
  6. O 15 de novembro ás 12:00 terá lugar o sorteo público para designación dos membros da mesa electoral entre as persoas incluídas no censo e que non presentaran a súa candidatura.

Podes consultar esta información de xeito ampliado premendo AQUÍ.  

 

Cales son a funcións máis importantes do Consello Escolar?

A nova lei educativa recupera e aumenta as funcións do Consello sendo as máis destacables:

  • Avaliar e aprobar os proxectos e as normas do colexio.
  • Coñecer as candidaturas á dirección do centro e os seus proxectos, así como participar na súa elección.
  • Aprobar o proxecto de orzamento do centro.
  • Elbaorar propostas e informes sobre o funcionamento do centro e a mellora da xestión.

Podes coñecer todas as súas funcións premendo AQUÍ.

 

Por que é importante a participación no Consello Escolar do centro?

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do colexio e nel están representadas as familias, o Concello, o persoal de servizos do centro e o profesorado.

O Consello Escolar é o lugar no que todas as persoas que compoñemos esta comunidade educativa podemos expresarnos, debater e tomar decisións que marcarán o hoxe e o mañá do colexio, é dicir, o dos nosos nenos e nenas. 

A participación  de todos e todas é fundamental para seguir facendo do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma un lugar de encontro, crecemento e aprendizaxe, polo que desde o centro animámosvos a presentar a vosa candidatura.

  

SAMAÍN NO COLE

A semana pasada foi unha semana terrorífica.

O xoves e o venres o alumnado de Visma pasou medo, moito medo, coas hitorias de terror que os mestres e as mestras lles contaron na biblioteca do cole.

Pantasmas, burxas, momias, vampiros... tomaron o colexio por unhas horas.

 

COMEZAMOS A TEMPADA DE HORTA.

O profe Xulio e nenos e nenas voluntarias de horta puxeron todo a punto para que o alumnado poida comezar a plantar no seus bancais. Desta volta o escollemos un producto que se bota no outono, os nabos.

 

 

 

STOP ACCIDENTES

A semana pasada tivemos no colexio a visita de Stop Accidentes.

As nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º estiveron falando de algo tan necesario como a seguridade viaria.

Estivemos reflexionando sobre mobilidade sositible e a súa importancia para facer das nosa cidade un lugar amigable para todos e todas, tendo sempre presente un valor tan necesario como é a solidariedade.

Ademáis, como todos os anos, os nenos e nenas van participar no concurso de cartas e debuxos organizados por esta ONG na que poderemos conseguir moitos premios.

 

BENVIDA AO CURSO OLÍMPICO 2021-2022

O equipo directivo e o claustro de mestres e mestras do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queren dar a benvida a toda a comunidade educativa para este curso 2021-2022. 

 

O coidado do medio ambiente, a mellora dos hábitos saudables e actividade física, a dinamización das linguas, a potenciación dos recursos da biblioteca escolar, o coidado dos animais e a plantación na horta son algúns dos aspectos que máis nos caracteríza como comunidade educativa.

Este curso o fío condutor dos proxectos a realizar son os Xogos Olímpicos. Tendo como lema olímpico "communitae" (xuntos en latín) contamos coa colaboración de toda a comunidade educativa.

Bo curso a todos e todas!!

REUNIÓNS COAS FAMILIAS, INICIO DE CURSO 2021-2022

 

DATAS E HORAS DAS REUNIÓNS DE SETEMBRO 2021 COAS FAMILIAS 

GRAZAS A TODOS E TODAS!!

Dende o CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queremos agradecer a todas as persoas que compoñen esta comunidade educativa polo seu esforzo, ilusión, traballo e bo facer a longo deste diferente curso 2020/21, que comezou cheo de nervios e incertudume e rematou cun soriso debaixo das máscaras.

Velaí os deixamos un video co resumo de todo o feito.

BO VERÁN E BO CAMIÑO!!!!

GRADUACIÓN 6ºEP

Os rapazes e rapazas de 6º rematan a súa etapa no colexio para iniciar unha nova no instituto.

Sodes un grupo de rapaces e rapazas activos, participativos e sempre dispostos, polo que desexamos de todo corazón que este colexio deixara en cada un de vós a mesma pegada que vós deixade aquí.

Desexámovos o mellor no que está por vir.

 

BO VERÁN!!!!

As nenas, os nenos, o profesorado e todas as persoas que estamos día a día no colexio queremos agradecer o esforzo realizado para superar este curso tan excepcional e desexarvos un BO VERÁN!!!!!!

 

IMOS A PRIMARIA!!!!

As nenas e nenos dos amorodos e dos millos xa son maiores. O próximo curso van iniciar, ilusionados e contentos, una nova etapa .

Este luns celebraron a súa graduación chea de ledicia, sorisos, emoción e, tamén, algunhas actuacións. Se queredes vela premede nas imaxes.

 

   

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut