Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Consellería de Educación, neste curso 2021-22 debe ralizarse a renovación parcial do sector de nais, pais e titores/as legais do alumnado do Consello Escolar do centro.
Compre destacar os seguintes aspectos recollidos na mencionada Resolución:
- Corresponde a renovación de 1 membro do sector dos 5 que o compoñen.
- Poderán prentar a súa candidatura todos o pais, nais, titores e titoras do alumnado que realicen a solicitude a través do modelo oficial dispoñible na secretaría do centro.
- A presentación de candidaturas farase na secretaría do centro ata o 12 de novembro ás 14:00 horas.
- Poderán participar na votación as nais/pais ou titores/as con alumnado matriculado no centro e incluídas no censo que estará dispoñible desde o 3 de novembro no taboleiro de anuncios.
- As votacións terán lugar o día 22 de novembro no colexio entre as 17:00 e as 20:00 horas.
- O 15 de novembro ás 12:00 terá lugar o sorteo público para designación dos membros da mesa electoral entre as persoas incluídas no censo e que non presentaran a súa candidatura.
Podes consultar esta información de xeito ampliado premendo AQUÍ.
Cales son a funcións máis importantes do Consello Escolar?
A nova lei educativa recupera e aumenta as funcións do Consello sendo as máis destacables:
- Avaliar e aprobar os proxectos e as normas do colexio.
- Coñecer as candidaturas á dirección do centro e os seus proxectos, así como participar na súa elección.
- Aprobar o proxecto de orzamento do centro.
- Elbaorar propostas e informes sobre o funcionamento do centro e a mellora da xestión.
Podes coñecer todas as súas funcións premendo AQUÍ.
Por que é importante a participación no Consello Escolar do centro?
O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do colexio e nel están representadas as familias, o Concello, o persoal de servizos do centro e o profesorado.
O Consello Escolar é o lugar no que todas as persoas que compoñemos esta comunidade educativa podemos expresarnos, debater e tomar decisións que marcarán o hoxe e o mañá do colexio, é dicir, o dos nosos nenos e nenas.
A participación de todos e todas é fundamental para seguir facendo do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma un lugar de encontro, crecemento e aprendizaxe, polo que desde o centro animámosvos a presentar a vosa candidatura.