Skip to Content

COÑECENDO OS DEPORTES OLÍMPICOS: A ESCALADA

O alumnado de 4º de primaria achegouse ao rocódromo de Riazon, e da man de AMI (Agrupación de montañeros independentes) puideron probar un novo deporte olímpico, a escala.

O fixeron xenial unha vez superados os medos iniciais o e o pasaron aínda mellor.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> Rocódromo 4º EP

COÑECENDO OS DEPORTES OLÍMPICOS: A VELA

O alumnado de 5º de Primaria puido coñecer gracias ao programa do Concello de A Coruña, "O Atlántico parte de ti", un novo deporte olímpico, a vela. 

Non o fixeron nada mal estes regatistas de Visma.

Preme na imaxe para acceder ao álbum.

Álbum: CURSO 2021/2022 -> O Atlántico parte de ti.

AXUDA PARA UCRAÍNA

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!!

As menciñas doadas por esta comunidade educativa xa están camiño de Ucraína.

Grazas, familias, alumnado e persoal do centro pola vosa xenerosidade e axuda.

CEIP PLURILINGÜE SAN PEDRO DE VISMA

8-M. Día da muller.

Este ano o 8-M en Visma estivo marcado polo deporte, pero sobre todo polas deportistas. As nenas e nenas tiveron a sorte escoitar as experiencias destas mulleres deportista e traballadores galegas:

  • Jessica Rial: atleta e investigadora.
  • Paula Medín: fisioterapueta e xogadora de rugby. Particiou coa selección española nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro de 2016.
  • Paula Lema: licenciada en INEF, exxogadora de baloncesto, arbitra profesional e enfermeira. 
  • Roción Tomé: loitadora de muay thay.
  • Isabel Vázquez: entrenadora de fútbol no F.C. Victoria.
  • Enma Núñez: campiona de Europa de karate na modalidade de katas.
  • Celia (xogadora de rugby), Paula (judoka), Naira (judoka), Alba (bailarina), Antía (xogadora de hockey) e Ayla (Kung-Fu). As nosas ben queridas alumnas de 5º e 6º de Primaria e deportista.

Moitas gracias a todas, pero sobre todo as nosas alumnas!!!

 

 

COLABORACIÓN CON UNCRAÍNA

 

ENTROIDO OLÍMPICO.

E por fin chegou un das festas máis importantes en San Pedro de Visma, o ENTROIDO.

As nenas e os nenos viñeron cos seus disfraces de deportistas. Tivemos de todo: nadadoras, tenistas, futbolistas, fachos olímpicos...

Todas e todos desfrutamos dun día de entroido ben merecido.

COÑECENDO OS DEPORTES OLÍMPICOS: A ESGRIMA

Os nenos e nenas de 3º a 6º Primaria coñeceron outro deporte olímpico, a esgrima

Nesta ocasión contamos co clube de esgrima 100 Tolos. Manel e Yan mostráronlle aos rapaces este deporte tan descoñecido nos centros educativos.

Moitas gracias aos dous e o clube 100 Tolos.

 

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O CEIP PLURILINGÜE SAN PEDRO DE VISMA ABRE AS SÚAS PORTAS

RESERVA CITA PARA A VISITA CUBRINDO O SEGUINTE FORMULARIO:

FORMULARIO XORNADAS PORTAS ABERTAS 

ESTAMOS A VOSA DISPOSICIÓN

ceip.sanpedro.visma@edu.xunta.gal

881960787

DÍPTICO INFORMATIVO CEIP PLURILINGÜE SAN PEDRO DE VISMA

TOUR VIRTUAL 2021

 

DÍA DA PAZ 2022

O luns celebramos en Visma o “Día da paz”.

Desta volta e mesturando o noso proxecto dos Xogos Olímpicos cunha data tan importante no calendario, sumámonos a actividade da ONG Save the  Children, “Quilómetros de solidariedade”.

Desde os pequenos e as pequenas de tres anos ata os maiores de sexto, calzáronse as súa zapatillas de deporte para converter os quilómetros percorridos en doazóns para a ONG.

Que mellor forma de seguir avanzando no noso ano olímpico que a través da solidariedade e da paz.

Preme na imaxe para ver como desfrutamos deste día.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut