blogue deprofe

Adiós ríos..

Proxectos 2º Trimestre 6ºA

Plantando leitugas

Miriam Ríos

Miriam Ríos

Miriam Ríos Barreiro é a capitá do Deportivo da Coruña. Unha futbolista que viviu todas as caras do fútbol. De pelexar case toda a súa carreira pola permanencia para ser un dos alicerces dun proxecto ambicioso que busca o ascenso á 1ª división. Leva case unha década ao máximo nivel, mesmo para superar unha lesión de xeonllo que puxo en perigo a súa carreira deportiva e levouna a reconverterse de dianteira a central. “Chorei moito as dúas tempadas que estiven sen poder xogar, pero ao final a ilusión e o amor por este deporte pódeno todo”, conta a Dixital  Football  Community.

 

Hoxe día da muller traballadora, fíxonos un oco na súa apertada axenda e regalounos a súa sabedoría e entusiasmo. Falándonos desde a súa experiencia sobre un mundo no que todavía non se alcanzou a igualdade entre homes e mulleres. Pero como ela dixo: "é responsabilidade das seguintes xeracións conseguila".

 

 

 

Somos noticia no diario "La Opinión A Coruña"

Podes ver a noticia completa con imaxes incluidas no seguinte enlace: https://www.laopinioncoruna.es/deportivo/2019/03/08/carnaval-riazor/1381998.html#

 

VISITA ESTADIO DE RIAZOR - 110% BLANQUIAZUL

Esta mañá do xoves 7 de marzo o alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o estadio de Riazor no programa "Os nosos valores - Escolas 110% blanquiazul" da Opinión da Coruña. Nel coñeceron a historia do Real Club Deportivo da Coruña e disfrutaron das instalacións como xogadores e xogadoras profesionais. Ao finalizar a visita tiveron oportunidade de charlar con futbolistas do primeiro equipo femenino e do Fabril masculino. 

 

 

Noticia La Opinión A Coruña: https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/deportes/valoresbranqui...

Obxectivo das 1000 grúas

Concerto: "La fábrica de los sueños"

Felices festas!

Powered by Drupal - Design by artinet