Skip to Content

IRENE MARTÍNEZ DINOS CAL É O FACHO OLÍMPICO DO COLE

DÍA 21 DE DECEMBRO, ÁS 10:00. IRENE MARTÍNEZ DESVELANOS CAL É O FACHO DOS XOGOS OLÍMPICOS DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA

¡FELICES FESTAS!

Toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma quere desexarvos unhas moi felices festas e un próspero aninovo a través da interpretación desta panxoliña "Volver a casa por Nadal" que fixemos con tanto cariño e paixón. Dándolle un click á imaxe, podedes ver o resultado do noso traballo.

¡¡Agardamos que o 2022 veña cargado de momentos moi felices para todos/as vós!!

 

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DICAPACIDADE

O 3 de decembro conmemoramos en Visma o Día internacional das persoas con discapacidade.

Para celebrar o día contamos coa visita de Jesús Suárez. Jesús contounos como viviu a perda da visión e como tivo que aprender a vivir e a ver, como el dixo, co cerebro en vez dos ollos. Ademais, ofreceunos un gran concerto de rock.

Moitas grazas, Jesús, pola túa sensibilidade, enerxía e optimismo!!!

CAMPAMENTO NADAL 2021

A Federación de ANPAS oferta os CAMPACOLES para este Nadal.

SEDES: CEIP Curros Enríquez, CEIP Juan Fdez. Latorre e CEIP San Pedro de Visma.

DATAS: 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro.

INSCRICIÓN: Do 29 de novembro ao 2 de decembro no formulario en liña que atopará na seguinte ligazón: fedapascoruna.org/inscripciones

PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS: O 10 de decembro publicarase a listaxe de admitidos e listaxe de agarda na web www.fedapascoruna.org

Terán preferencia (por orde de inscrición) aqueles escolares matriculados no centro sede que cumplimenten a solicitude o día 29 de novembro. A continuación adxudicaranse as prazas restantes ao resto de solicitantes por rigurosa orde de inscrición, matriculados en calquera CEIP público do Concello, incluído o centro sede.

Accede a toda información premendo na imaxe.

25-N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Chegou o 25-N.

O alumnado de Visma sumouse ao 25-N para reivindicar esta data tan sinalada.

As nenas e nenos analizaron contos, cancións de Rozalen, percorreron quilómetros no #camiño ao respecto e lanzaron á diana da NON VIOLENCIA.

Ogallá, entre todas e todos consigamos que o 25-N deixe de ser necesario.

 

 

MAGOSTO 2021-2022

O magosto voltuo a Visma!!!

Nenos, nenas e profesorado tiñamos moitas ganas de recuperar este día tan tradicional.

Como non podía ser doutro xeito enchemos ben o bandullo de saborosas castañas asadas. Toda esa enerxía foi necesaria para participar logo na Olimpiada da Castaña, saltos, punterías, bailes...

As nosas pequenas e pequenos olímpicos desfrutaron ao máximo o día.

Velaí unha pequena mostra.

 

 

 

PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

A Consellería ven de publicar a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se establecen os criterios para a distribución de máscaras entre o alumnado.

Destinatarios.

O alumando que esté cursando Educación Primaria, ESO ou Educación Especial.

Quen ten que presentar a solicitude?

O alumnado que non recibiu a axuda de marterial escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  1. Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.
  2. Alumnado matriculado en educacion especial.
  3. Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  4. Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Farase unha soa solicitude para todos os fillos/as matriculados no centro.

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no presente curso non ten que presentar a solicitude.

Onde hai que presentar a solicitude?

Na secretaría do centro a través do formulario ED330E, que está dispoñible na propia secretaría ou premendo AQUÍ.

Ata cando se pode presentar a  solicitude?

Dende o 15 de novembro ata o 26 de novembro, ambos incluídos. 

Que documentación hai que pesentar xunto coa solicitude de ser o caso?

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familia.
  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

Consulta a información ampliada premendo AQUÍ

 

 

CONCURSO: O FACHO OLÍMPICO SPV

Os Xogos Olímpicos van arrincar en San Pedro de Visma e os nenos e nenas deberán levar o Facho Olímpico dende Olimpia, en Grecia, ata o colexio. Entre todos e todas percorreremos miles de quilómetros, que nos levaran por 5 continentes, 27 paises e 32 cidades (preme AQUI para coñecer o percorrido).

Pero necesitamos o noso FACHO OLÍMPICO, e queremos que vós, as familias sexades as protagonistas.

Como?

Ata o 29 de novembro podedes facer a voso facho olímpico e entregalo no colexio.

Entre todos o fachos recibidos escollarese o FACHO OLÍMPICO SPV mediante unha votación o 3 de decembro.

CONCURSO DE RECEITAS

 

Familias:

Dende o EDGL queremos propoñervos un concurso ben saboroso para este tempo de San Martiño.

Queremos que nos presentedes esas receitas de outono que tanto vos gustan. Poden ser doces ou salgadas! O único que teñen que cumprir é levar, coma ingrediente principal, un froito do outono: castañas, noces, cabazas, ameixas... 

 

QUE PRESENTAR?

Unha receita escrita, unha fotografía do resultado, un video explicativo... o que prefirades!

 

COMO PRESENTALO?

Podedes entregalo ás titoras ou titores, envialo ao correo electrónico do EDLG (spvdinamizacion@gmail.com) ou subir unha foto etiquetándonos nas RR.SS do cole. O que vos sexa máis cómodo!

 

CANDO REMATA O PRAZO?

Poderedes facelo ata o vindeiro venres, día 19 de novembro.

Unha vez que escollamos ás persoas gañadoras, anunciarémolo a través da web.

 

Veña! Esperamos con moitas ganas as vosas elaboracións!

 

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

CONSELLO ESCOLAR: RENOVACIÓN PARCIAL DO SECTOR DE NAIS, PAIS E TITORES DO ALUMNADO.

Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Consellería de Educación, neste curso 2021-22 debe ralizarse a renovación parcial do sector de nais, pais e titores/as legais do alumnado do Consello Escolar do centro.

Compre destacar os seguintes aspectos recollidos na mencionada Resolución:

  1. Corresponde a renovación de 1 membro do sector dos 5 que o compoñen.
  2. Poderán prentar a súa candidatura todos o pais, nais, titores e titoras do alumnado que realicen a solicitude a través do modelo oficial dispoñible na secretaría do centro.
  3. A presentación de candidaturas farase na secretaría do centro ata o 12 de novembro ás 14:00 horas.
  4. Poderán participar na votación as nais/pais ou titores/as con alumnado matriculado no centro e incluídas no censo que estará dispoñible desde o 3 de novembro no taboleiro de anuncios.
  5. As votacións terán lugar o día 22 de novembro no colexio entre as 17:00 e as 20:00 horas.
  6. O 15 de novembro ás 12:00 terá lugar o sorteo público para designación dos membros da mesa electoral entre as persoas incluídas no censo e que non presentaran a súa candidatura.

Podes consultar esta información de xeito ampliado premendo AQUÍ.  

 

Cales son a funcións máis importantes do Consello Escolar?

A nova lei educativa recupera e aumenta as funcións do Consello sendo as máis destacables:

  • Avaliar e aprobar os proxectos e as normas do colexio.
  • Coñecer as candidaturas á dirección do centro e os seus proxectos, así como participar na súa elección.
  • Aprobar o proxecto de orzamento do centro.
  • Elbaorar propostas e informes sobre o funcionamento do centro e a mellora da xestión.

Podes coñecer todas as súas funcións premendo AQUÍ.

 

Por que é importante a participación no Consello Escolar do centro?

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do colexio e nel están representadas as familias, o Concello, o persoal de servizos do centro e o profesorado.

O Consello Escolar é o lugar no que todas as persoas que compoñemos esta comunidade educativa podemos expresarnos, debater e tomar decisións que marcarán o hoxe e o mañá do colexio, é dicir, o dos nosos nenos e nenas. 

A participación  de todos e todas é fundamental para seguir facendo do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma un lugar de encontro, crecemento e aprendizaxe, polo que desde o centro animámosvos a presentar a vosa candidatura.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut