Skip to Content

CONCURSO: O FACHO OLÍMPICO SPV

Os Xogos Olímpicos van arrincar en San Pedro de Visma e os nenos e nenas deberán levar o Facho Olímpico dende Olimpia, en Grecia, ata o colexio. Entre todos e todas percorreremos miles de quilómetros, que nos levaran por 5 continentes, 27 paises e 32 cidades (preme AQUI para coñecer o percorrido).

Pero necesitamos o noso FACHO OLÍMPICO, e queremos que vós, as familias sexades as protagonistas.

Como?

Ata o 29 de novembro podedes facer a voso facho olímpico e entregalo no colexio.

Entre todos o fachos recibidos escollarese o FACHO OLÍMPICO SPV mediante unha votación o 3 de decembro.

O facho elexido presidirá todos actos das Olimpiadas SPV, quedando o resto expostos no museo olímpico da biblioteca e presidindo as aulas "olímpicas".

Consulta todas a información premendo AQUÍ.

 

Moitas gracias a todos e todas pola vosa colaboración.

O Comité Olímpico de San Pedro de Visma.

 



blog | by Dr. Radut