Skip to Content

BENVIDA AO CURSO OLÍMPICO 2021-2022

O equipo directivo e o claustro de mestres e mestras do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma queren dar a benvida a toda a comunidade educativa para este curso 2021-2022. 

 

O coidado do medio ambiente, a mellora dos hábitos saudables e actividade física, a dinamización das linguas, a potenciación dos recursos da biblioteca escolar, o coidado dos animais e a plantación na horta son algúns dos aspectos que máis nos caracteríza como comunidade educativa.

Este curso o fío condutor dos proxectos a realizar son os Xogos Olímpicos. Tendo como lema olímpico "communitae" (xuntos en latín) contamos coa colaboración de toda a comunidade educativa.

Bo curso a todos e todas!!



blog | by Dr. Radut