Skip to Content

CONSELLO ESCOLAR: RENOVACIÓN PARCIAL DO SECTOR DE NAIS, PAIS E TITORES DO ALUMNADO.

Segundo a Resolución do 20 de setembro de 2021, da Consellería de Educación, neste curso 2021-22 debe ralizarse a renovación parcial do sector de nais, pais e titores/as legais do alumnado do Consello Escolar do centro.

Compre destacar os seguintes aspectos recollidos na mencionada Resolución:

  1. Corresponde a renovación de 1 membro do sector dos 5 que o compoñen.
  2. Poderán prentar a súa candidatura todos o pais, nais, titores e titoras do alumnado que realicen a solicitude a través do modelo oficial dispoñible na secretaría do centro.
  3. A presentación de candidaturas farase na secretaría do centro ata o 12 de novembro ás 14:00 horas.
  4. Poderán participar na votación as nais/pais ou titores/as con alumnado matriculado no centro e incluídas no censo que estará dispoñible desde o 3 de novembro no taboleiro de anuncios.
  5. As votacións terán lugar o día 22 de novembro no colexio entre as 17:00 e as 20:00 horas.
  6. O 15 de novembro ás 12:00 terá lugar o sorteo público para designación dos membros da mesa electoral entre as persoas incluídas no censo e que non presentaran a súa candidatura.

Podes consultar esta información de xeito ampliado premendo AQUÍ.  

 

Cales son a funcións máis importantes do Consello Escolar?

A nova lei educativa recupera e aumenta as funcións do Consello sendo as máis destacables:

  • Avaliar e aprobar os proxectos e as normas do colexio.
  • Coñecer as candidaturas á dirección do centro e os seus proxectos, así como participar na súa elección.
  • Aprobar o proxecto de orzamento do centro.
  • Elbaorar propostas e informes sobre o funcionamento do centro e a mellora da xestión.

Podes coñecer todas as súas funcións premendo AQUÍ.

 

Por que é importante a participación no Consello Escolar do centro?

O Consello Escolar é o máximo órgano de participación do colexio e nel están representadas as familias, o Concello, o persoal de servizos do centro e o profesorado.

O Consello Escolar é o lugar no que todas as persoas que compoñemos esta comunidade educativa podemos expresarnos, debater e tomar decisións que marcarán o hoxe e o mañá do colexio, é dicir, o dos nosos nenos e nenas. 

A participación  de todos e todas é fundamental para seguir facendo do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma un lugar de encontro, crecemento e aprendizaxe, polo que desde o centro animámosvos a presentar a vosa candidatura.

  



blog | by Dr. Radut