FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022
Desde o 20 xuño ata o 30 de xuño, ambos incluídos, estará aberto o prazo para a formalización da matrícula do alumnado que obtivo praza no centro para o curso 2021/2022.
Debe presentarse a seguinte documentación en secretaría:
- Dúas fotografías actualizadas tamaño carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Cartilla de vacinación actualizada.
- DNI do alumno/a (no caso de telo).
- En caso de divorcio ou separación, copia cotexada (pode realizarse no propio centro) da setenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.