Un conto con Suso Cubeiro
Enviado por admin o Ven, 16/03/2012 - 22:57
O ilustrador Suso Cubeiro contounos un bonito conto. Os nenos e nenas de educación infantil estivemos moi atentos e debuxamos o conto con Suso. |
|
Novos materiais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Enviado por admin o Lun, 12/03/2012 - 10:02
Novos materiais editados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro: Por que é bo que aprendas ben o galego? Estes e outros materiais editados en anteriores cursos poderedes atopalos en: |
Admisión de alumnos para o curso 2012 2013
Enviado por admin o Mér, 29/02/2012 - 22:03
Información e documentación do proceso de admisión do alumnado para o curso 2012 2013. Para acceder pique aquí.
|
Entroido: Sada nos anos 20
Enviado por admin o Sáb, 18/02/2012 - 15:45
O 17 de febreiro celebramos a Festa do Entroido lembrando como era Sada nos anos 20 do pasado século. Por aqueles anos foi cando se fixo o noso colexio, se inaugurou o tranvía, veu a Terraza para Sada, publicábase a revista Mariñana, Manuel Lugris escribía historias e poesías de Sada, emigraban sadenses a Nova York, viñan bañistas a tomar os baños, maestras e inspectores daquela época, bailes e atuendos deses anos, anuncios, historias de merlos e de caciques, rap "S de Sada",... Para rematar filloas, orellas e rosquiñas. Menuda festa! |
|
Paraugas pola Paz
Enviado por admin o Lun, 30/01/2012 - 21:47Celebramos o 30 de xaneiro, Día da Paz, cos "paraugas pola Paz". Para que choiva a Paz en todo o mundo. |
Visita de dous xogadores do Depor: Borja e Songo´o
Enviado por admin o Ven, 27/01/2012 - 21:40Capitáns Solidarios é un proxecto educativo creado por AFE e UNICEF, destinado a concienciar aos máis novos, sobre a importancia da nutrición, os hábitos saudables, os valores do deporte, a convivencia e a solidariedade e que leva a cabo en distintos centros educativos. O 24 de xaneiro dous xogadores do Deportivo da Coruña, Borja e Songo´o, visitaron o noso centro. Os alumnos de 5º e 6º cursos de primaria expuxeron aos xogadores as actividades realizadas. A nova da visita foi amplamente seguida polos medios de comunicación. Se queredes ver as novas aparecidas na prensa e na televisión visita os blogues de 6º de primaria sexteando e o da biblioteca do ceip "Sada y sus Contornos". |
|
Sada y sus Contornos na homenaxe a Isaac Díaz Pardo
Enviado por admin o Dom, 22/01/2012 - 21:23
|
A comunidade educativa do CEIP Sada y sus Contornos sumouse á homenaxe que o Concello de Sada tributou a Isaac Díaz Pardo o 20 de xaneiro de 2012.
|
Escola de nais e pais. Plan Director de Convivencia
Enviado por admin o Mar, 17/01/2012 - 09:52Charla sobre acoso escolar e bandas xuvenís.
Martes 24 de xaneiro de 2012. Dirixida ás familias do centro e terá lugar ás 19 horas no colexio.
INSCRICIÓN. Para participar na charla do día 24 será preciso inscribirse para o que se deberá cubrir o boletín adxunto e depositalo no buzón da ANPA. O prazo de inscrición remata o venres 20 de xaneiro.
*De non haber un mínimo de 15 participantes suspenderíase a actividade.
Para visualizar e descargar o cartel da actividade e a ficha de inscrición na mesma pique aquí.
Educando en valores
Enviado por admin o Lun, 12/12/2011 - 21:14O 25 de novembro contra a violencio de xénero. Vacínate contra a violencia! |
|
Educando en valores... |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- seguinte ›
- última »
