Educamos en valores: Dereitos dos nenos e Día contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Mar, 27/11/2012 - 21:08
No blogue da biblioteca podedes ver as imaxes das actividades que se realizaron no centro con motivo da celebración do Día dos dereitos da infancia e do Día contra a violencia de xénero. http://sadaysuscontornos.blogspot.com.es/2012/11/educando-en-valores.html |
Partido de fútbol solidario UNICEF
Enviado por admin o Mar, 20/11/2012 - 22:54
O curso pasado os alumnos/ás de 3º ciclo do noso colexio participaron nun programa de UNICEF chamado "O fútbol que queremos" coa finalidade de reflexionar sobre os valores asociados ao fútbol e en especial, que os nenos/ás incorporasen no seu día a día condutas positivas de nutrición, convivencia e solidariedade. Por este motivo recibimos a visita de xogadores do Deportivo da Coruña e propuxémoslles a realización dun partido para recadar fondos encamiñados a paliar a situación de pobreza e desigualdade que moitos nenos/ás sofren no mundo. R.C. Deportivo da Coruña de Veteranos (Fran, Manjarín, Songo´o...) vs Veteranos Sporting de Sada O prezo simbólico das entradas será de 1 euro e a recadación do partido será en favor de UNICEF. As entradas pódense adquirir no colexio (traer diñeiro exacto) ou o día do partido. Animamos a todos/ás a participar e mostrar a cara máis solidaria da nosa escola. |
O partido foi todo un éxito. Recadáronse 418 € para UNICEF. Gracias a todos os que particparon. |
Voz Natura: Visita a Cecebre.
Enviado por admin o Xov, 15/11/2012 - 22:02
No blogue do proxecto Voz Natura atópase a información da visita ao encoro de Cecebre realizada polos nenos e nenas do segundo ciclo de primaria: http://voznaturasada.blogspot.com.es/2012/11/o-encoro-de-cecebre.html |
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Mar, 06/11/2012 - 22:07
O Consello Escolar é o máximo órgano de xestión do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, participando conxuntamente na toma de decisións. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do centro anímase a todos a participar neste proceso electoral. Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes dos pais, un deles por designación da ANPA, e 3 dos profesores no Consello Escolar do centro. A Xunta Electoral reunida o 6 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral: DO 8 AO 16 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive) -Exposición dos censos electorais de pais, profesores, persoal non docente e período de reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro. -Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar.Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro. 19 DE NOVEMBRO -Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas, sobres,... -Publicación de candidaturas. -Publicación definitiva do censo electoral. -Sorteo público, ás 9,30 horas na entrada do colexio, para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais 20 DE NOVEMBRO -Claustro informativo. 27 DE NOVEMBRO -Votación de nais e pais e votación de profesores. 4 DE DECEMBRO -Constitución do Consello Escolar. |
Día da biblioteca: "A biblioteca, xardín onde florecen as palabras".
Enviado por admin o Mér, 24/10/2012 - 21:46
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. No CEIP Sada y sus Contornos os alumnos de 6º curso de primaria ofreceron unha representación ao resto dos nenos e nenas do colexio: “Corre corre, cabaciña”.Todos os nenos e nenas do colexio recibiron unha flor cunha mensaxe “A biblioteca, xardín onde florecen as palabras”. |
Abonos dos prezos públicos do servizo de comedor. Curso 2012-2013.
Enviado por admin o Mar, 25/09/2012 - 09:35Segundo a documentación xustificativa presentada terán dereito ao uso gratuíto, bonificación do 50% do prezo público ou abono do 100% do citado prezo o alumnado usuario segundo se relaciona. Para visualizar o listado pique aquí. |
Homenaxe aos alumnos de 6º
Enviado por admin o Ven, 06/07/2012 - 07:29No blogue da aula de sexto: http://sextosada.blogspot.com.es/ está o video e os textos do acto de homenaxe aos alumnos de 6º curso. |
Servizo de comedor escolar para o curso 2012-2013. Resolución definitiva do Consello Escolar.
Enviado por admin o Xov, 05/07/2012 - 21:35Para visualizar ou descargar a Resolución definitiva de alumnos admitidos para o curso 2012 - 2013 no servizo de comedor escolar pique aquí. |
Servizo de comedor escolar para o curso 2012-2013. Resolución provisional do Consello Escolar.
Enviado por admin o Xov, 28/06/2012 - 17:54Para visualizar ou descargar a Resolución de alumnos admitidos para o curso 2012 - 2013 no servizo de comedor escolar pique aquí. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »
