Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar

 

Dentro das actividades programadas polo Observatorio de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, ofértanse á Comunidade Educativa dúas charlas do Plan Director para a Convivencia.

O “III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar”, ao igual que en anos anteriores, ofrece aos centros educativos durante o curso 2012-2013 a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial desenvolvida nos centros.

Neste curso no noso centro impartiranse charlas sobre dous temas:

-Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías.

-Consumo e tráfico de drogas.

Os días 16 e 23 de xaneiro, en horario lectivo, impartiranse dúas charlas dirixidas aos alumnos do 3º ciclo de educación primaria.

Escola de nais e pais.

Os martes 15 e 22 de xaneiro de 2013 ás 19 horas haberá dúas charlas dirixidas ás nais, pais e profesorado sobre os temas citados : 

Día 15. Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías.

Día 22. Consumo e tráfico de drogas.

INSCRICIÓN. Para participar nas charlas dirixidas ás nais, pais e profesorado é necesario inscribirse nas mesmas. Esta inscrición deberá formalizarse por correo electrónico ao enderezo ceip.sada@gmail.com ata o luns 14 de xaneiro inclusive.

No correo indicarase o nome e apelidos da persoa ou persoas que solicitan asistir e o día ou días que asistirán ás charlas. De non haber un mínimo de 15 participantes suspenderíase a actividade, o que se comunicaría aos solicitantes.

Sada a 11 de xaneiro de 2013.

 

Nadal. Viñeron os Reis...

InfoconsumoNadal

O 20 de decembro, recibimos no CEIP Sada y sus Contornos a visita de dúas técnicas do Instituto Galego de Consumo, Iria e Susana, que viñeron a desenvolver o Programa InfoconsumoNadal.

 

Lecturas recomendadas

Desde o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega recoméndase libros para regalar neste Nadal aos nenos e nenas do colexio. Unha carta urxente para os Reis Magos contén todas as recomendacións para fomentar a lectura.
Para visualizar e descargar a carta pica aquí.

Navega con rumbo.

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Un dos obxectivos do programa ABALAR é a formación nunha navegación segura. O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais. As guías pódense visualizar e descargar aquí.

O día 19 de decembro de 2012 estivo no noso colexio Marcos, do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, para explicar aos nenos e nenas de 5º  6º curso de educación primaria como deben realizar unha navegación segura por Internet.

 

Festón de Nadal

O 16 de decembro tivo lugar o Festón de Nadal, organizado pola Asociación de Nais e Pais. Foi todo un éxito xa que asistiron máis de 500 persoas. Houbo bebidas, petiscos, hinchables, xogos, baile, sorteo de regalos e veu o Paxe Real a recoller as cartas dos nenos e nenas que asistiron ao Festón.

Tamén se realizou unha recollida de alimentos destinada a Cáritas de Sada. Os seus responsables agradeceron este xesto solidario da comunidade educativa de Sada y sus Contornos.

A maioría dos asistentes aisnaron un escrito mostrando a súa disconformidade co proxecto da LOMCE.

Cerámicas O Castro: Escola de cerámica.

Os nenos e nenas do segundo ciclo de primaria participamos nas actividades da Escola de Cerámica de Cerámicas O Castro. Modelamos e decoramos pezas en gres, coñecimos a historia desta emblemática industria, visitamos a fábrica e o museo Carlos Maside.

A cadeira máxica.

"Nun reino moi afastado, onde habitaba un rei moi poderoso nun inmenso castelo. O Rei ten un tráxico accidente ao caer do seu cabalo e tras isto os reinos veciños decláranlle a guerra. A única persoa que pode defender ao pobo é a súa filla, a princesa Laura, pero o rei ten unha gran preocupación; a súa filla está en cadeira de rodas. Poderá a princesa Laura lograr a paz entre os reinos?"

O grupo de teatro "Arco da Vella" integrado por persoas de ASPACE presentáronnos esta fermosa obra.

 

Carta de agradecemento de UNICEF.

Gracias aos 418 € recadados no partido solidario organizado polo noso colexio o pasado 24 de novembro, UNICEF pode subministrar 3096 dosis orais da vacina contra a polio. Con elas pódese inmunizar a 1.032 nenos contra esa enfermidade.
Distribuir contido