Actividades

GRADUACIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Hoxe tivo lugar na Casa da Cultura o acto homenaxe ao alumnado que remata 6º de educación primaria. Estes 9 anos pasaron moi rápido e sen darnos conta chegou o momento da súa partida ao IES. Foi un acto moi emotivo no que alumnado, profesorado e familias gozamos con todo o que aconteceu. Moita sorte a todos e todas e que os vosos soños fáganse realidade. Grazas a Rolando, pai de Pablo de 6º, por encargarse de realizar as fotos.

Programa do Tarabelo nas ondas fin de curso

Clica na imaxe para ver as fotos

Vídeo homenaxe

 Vídeo do acto

Fotos Rolando

GRADUACIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe tivo lugar o acto de graduación do alumnado que remata 6º de educación infantil. Gozamos coas actuación dos nenos e nenas de 4º e 5º de EI e cos consellos e recomendacións que lles deron os seus compañeiros/as de 1º de educación primaria. Parabéns polo traballo realizado nestes anos, agora comezan unha nova etapa na que seguirán contando co apoio de todos e todas os que formamos parte desta Comunidade Educativa.

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos

PROXECTO SADABONA: XORNADA DE CONVIVENCIA

Durante o presente curso escolar o noso centro desenvolveu o Proxecto SadaBona, derivado da palabra africana Sawabona, que significa: respéctote, valórote, ti es importante.
O proxecto tivo como eixo a interculturalidade, co obxectivo de fomentar o respecto á diversidade de culturas e incidir na convivencia pacífica entre elas. Ademais, coa finalidade de impulsar a aprendizaxe servizo realizamos distintas colaboracións con ONG: Aldeas Infantís, Médicos sen Fronteiras, África Sawabona, Camiña Nepal e tamén con Cruz Vermella.
Como actividade final de proxecto realizamos unha xornada festiva de convivencia na que familias, alumnado e profesorado gozamos nun circuítos con xogos populares, paracaídas, cooperativos... Como acto final tivemos un concerto de Cé Orquestra Pantasma no que bailamos, saltamos, rimos e sobre todo pasámolo moi ben.

A ANPA As Mariñas encargouse de aportar unhas deliciosas empanadillas, arepas, froita e auga.

Moitas grazas a todos e todas polo voso entusiasmo, a vosa ilusión e por axudar a fortalecer os nosos lazos. Foi unha gran xornada de festa e convivencia.

Clica na imaxe para ver as fotos da xornada

                          

                                 

Vídeo da xornada

Obradorio Mar de Mares

O Festival Mar de Mares, que se celebra en A Coruña, está organizado pola Asociación Redes de Sal e conta co apoio de diversas institucións públicas coma o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia. https://festivalmardemares.org/gl/

Entre as máis de trinta actividades que organizan está un obradoiro de reciclaxe de plásticos mariños no que participa o alumnado de 4º de educación primaria. En compañía da artista Ana María Cabanes, que traballa con residuos mariños, realizarron unha limpeza da praia de Sada  co obxectivo de amosar a necesidade de coidar o medio ambiente.

A actividade continuará o día 12 de xuño, no que os escolares, guiados pola artista, realizarán diversas pezas artísticas cos refugallos recollidos na praia.

 

 

 

Plan Director de Convivencia: Educación Vial

Dentro das actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, o alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria participou en unha charla sobre Educación Vial. Posteriormente realizou un circuíto nas pistas polideportivas do Paseo Marítimo de Sada co obxectivo de que se fagan responsables da súa conduta e comproben a importancia de respectar as normas viarias. Esta actividade contou coa colaboración de Deport Ocio que aportou os kart cos que o alumnado realizou a actividade. Moitas grazas a Manolo, responsable da empresa, pola súa colaboración co centro.

Esta actividade inclúese dentro da posta en marcha do Camiño Escolar seguro do noso centro.

  

Nos blog de aula podedes ver as imaxes da actividade.

 

PROXECTO ANCAS: REUNIÓN NO CONCELLO DE SADA

Responsables de Stop Accidentes e unha representación do alumnado do noso centro mantivo unha reunión co alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de Educación, Rebeca Mouriño. Na mesa trasladaron a análise realizada dos distintos percorridos para poñer en marcha o Camiño Escolar Seguro, as deficiencias atopadas e as propostas de actuacións a realizar.

 

Mural LSE con ENKI

En colaboración e baixo a supervisión de persoal de ENKI realizamos no centro un mural de Lingua de Signos Española (LSE). Na elaboración do mesmo participaron representantes do profesorado, ANPA As Mariñas e o Concello de Sada. O alumnado realizou diferentes dinámicas para familiarizarse co mesmo.

Proxecto SadaBona: Colaboración coa ONG África Sawabona

O Proxecto SadaBona que o centro está a desenvolver durante o presente curso escolar inclúe entre as diferentes actividades programadas o traballo con ONG para realizar e impulsar a aprendizaxe-servizo.

O 2º ciclo de educación primaria organizou unha iniciativa solidaria de colaboración con África Sawabona, https://www.africasawabona.org/quienes_somos/ unha ONG formada 100% por voluntarios, profesionais de diferentes sectores unidos por un obxectivo común, mellorar as condicións de vida das poboacións africanas máis desfavorecidas e vulnerables.

Esta ONG, entre outras iniciativas, desenvolve un programa de doazón de pastas dentais para a saúde bucodental dos nenos e nenas de Senegal. Os nenos e nenas de 2º ciclo contibuíron con esta iniciativa realizando unha recollida de pastas dentais, a nivel de centro e outros establecementos.

Representates da ONG acudiron hoxe ao centro para recoller todas as pastas dentais, en total 380, para posteriormente envialas a Senegal.

Moitas grazas a todas as persoas e entidades (Gadis, Eroski e Farmacia Mª del Carmen Silveira Rey) que colaboraron nesta iniciativa.

Clica na imaxe para ver o vídeo de agradecemento da ONG ao noso centro

Charla para as familias sobre o uso responsable das TIC

En colaboración coa ANPA As Mariñas e o CFR de A Coruña, o xoves 23 de maio tivo lugar unha charla sobre o “Uso responsable das Tic”. Esta foi impartida por Miriam Otero Requeijo, licenciada en psicoloxía e especialista en prevención en condutas aditivas. Durante a mesma abordáronse distintas cuestións relacionadas co uso do móbil, as redes sociais, os videoxogos e proporcionou algunhas claves para previr os riscos cando os nenos/as usan estes dispositivos.

Día Internacional Contra o Acoso Escolar

Ao longo deste  curso son moitas as actividades que realizamos para aprender a convivir e respostar activamente contra o Acoso Escolar. 

Hoxe é un día importante porque conmemórase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar e recordaremos nas titorías a importancia de seguir a traballar todos e todas xuntos/as contra todo tipo de violencia.

Especial Tarabelo nas ondas sobre o acoso escolar.

 

Distribuir contido