Actividades
Actividade de cohesión TEI: Apertas que voan
Enviado por admin o Mar, 29/01/2019 - 18:06Campaña contra a violencia de xénero: Quen dixo medo?
Enviado por admin o Ven, 25/01/2019 - 13:11O xoves 17 de xaneiro os alumnos/as de 6º de E.I. tiveron a visita dunha contacontos da campaña Quen dixo medo?, que nos veu ler o conto: " Te quiero (casi siempre)" e realizar un obradoiro no que fixemos un monicreque das personaxes deste libro. Foi unha actividade moi enriquecedora e divertida! Grazas!
Clica na foto para ver as imaxes da actividade.
Plan Director de Convivencia: Acoso escolar.
Enviado por admin o Xov, 10/01/2019 - 22:57Dentro do Plan Director de Convivencia os alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos de Educación Primaria asistiron a unha charla sobre acoso escolar. Fernando, formador da Garda Civil, informou ao alumnado sobre este problema e deu pautas para previr e actuar contra as situacións de acoso escolar.
Clica sobre a imaxe para ver as fotos da actividade.
Recollida solidaria de xoguetes e alimentos
Enviado por admin o Xov, 20/12/2018 - 18:13Como ven sendo tradicional no noso colexio polo Nadal fixemos unha recollida solidaria de xoguetes e alimentos. Toda a comunidade educativa se volcou doando xoguetes e alimentos para persoas que nestas datas precisan da solidariedade de todos nós.
As entidades que recolleron os xoguetes e alimentos foron a Cruz Vermella e Cáritas de Sada. Os representantes destas asociacións pediron que se trasladara o agradecemento a todos os que contribuíron a esta recollida solidaria.
Concentración contra a violencia de xénero
Enviado por admin o Xov, 20/12/2018 - 18:05TEI: Actividade de Cohesión
Enviado por admin o Mér, 28/11/2018 - 20:37Continuamos mellorando o coñecemento entre as parellas de titores/as e titorizados/as. Esta vez mediante unha serie de retos que tiñan que superar, para o que era imprescindible o traballo en equipo e a cooperación entre todos e todas. o resultado foi unha gran xornada de convivencia.
Para ver as fotos da actividade clica na imaxe.
Pecha a porta á violencia. Ti es a chave.
Enviado por admin o Ven, 23/11/2018 - 20:05Celebramos o Día internacional contra violencia de xénero baixo o lema: "Pecha a porta á violencia. Ti es chave".
Para conmemorar esta data ambientamos o colexio para concienciarnos e concienciar deste grave problema que debemos erradicar da nosa sociedade. Todos nós somos a chave que debemos pechar a porta á violencia de xénero. Para rematar as actividades xuntámonos no patio e Lucas, de 6º de Primaria, leeunos un texto que escribiu contra a violencia e cantamos todos xuntos a canción "La puerta violeta".
Clica na imaxe para ver as fotos.
Actividade de cohesión TEI
Enviado por admin o Xov, 25/10/2018 - 21:24- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »
