Proxecto SadaBona 23-24: As pastas dentais chegan a Senegal
Enviado por admin o Xov, 19/09/2024 - 08:34Durante o curso 2023 2024 o noso centro desenvolveu o Proxecto SadaBona que, entre outras actuacións, implicou a colaboración con distintas ONG.
O 2º ciclo de educación primaria organizou unha iniciativa solidaria de colaboración coa ONG África Sawabona, https://www.africasawabona.org/quienes_somos/ que consistiu na recollida de pastas dentais. Aquí toda a información.
As responsables da ONG África Sawabona remitiron o vídeo coa chegada das pastas dentais a Senegal. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración!
PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA AO CENTRO
Enviado por admin o Xov, 12/09/2024 - 10:00O noso centro é un dos tres gañadores do concurso Contádenos o voso Día das Letras de Luísa Villalta, convocado pola Real Academia Galega ao abeiro do proxecto dixital Primavera das Letras.
Canto á entrega dos galardóns, a Real Academia Galega ten previsto realizala nun acto público o vindeiro mes de outubro na Coruña. Parabéns a toda a nosa Comunidade Educativa por esta distinción.
INICIO DO CURSO 2024 2025
Enviado por admin o Ven, 30/08/2024 - 19:37As clases comezarán o mércores 11 de setembro.
Están convocadas as seguintes reunións:
- Xoves 5 de setembro:
- Ás 12:00 horas coas familias do alumnado de 4º curso de Educación Primaria.
- Ás 12:00 horas coas familias do alumnado de 5º de Educación Primaria.
- Ás 13 horas coas familias de 4º de Educación Inffantil.
Horario de secretaría: De 09:00 a 09:45 horas.
Organización das entradas (aplicable durante todo o curso):
- Todo o alumnado accederá ao centro ás 09:00 horas.
- Só as familias do alumnado de educación infantil poden acceder ao centro para acompañar aos nenos e nenas nas entradas.
O alumnado de 1º e 2º de educación primaria accederá pola porta B. O alumnado de educación infantil terá os mesmos accesos do curso pasado.
Organización das saídas (aplicable durante todo o curso):
- 13:50: Educación Infantil. As familias poden acceder ao centro seguindo o mesmo percorrido que nas entradas.
- 13:55:1º e 2º de Educación Primaria. As familias poden acceder ao centro pola porta B para recoller ao alumnado. As familias de 2º esperarán no corredor lateral do centro a que o alumnado de 1º sexa recollido. Despois aproximaranse á porta para recoller aos nenos e nenas.
- 14:00: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O alumnado será entregado nas portas exteriores. 3º, 4º B e 5º A na porta B. 4º A, 5º B e 6º na porta principal.
- Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada principal sitúense á dereita desta porta. A orde de saída será 4º A, 5º B e 6º de EP.
- Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada B sitúense á esquerda desta porta. A orde de saída será 4º B, 3º e 5º A de EP.
- O alumnado sairá de clase en orde de lista.
- Para facilitar e axilizar as saídas solícitase ás familias que unha vez recollido o neno/a non se deteñan na beirarrúa de acceso ao centro.
Camiño Escolar Seguro: Está previsto que comece o seu funcionamento a finais do mes de setembro (remitirase comunicación ás familias).
Servizo de comedor e madrugadores. Ese mesmo día, 11 de setembro, está previsto que empecen a funcionar estes servizos.
Axudas para o alumnado de necesidade específica de apoio educativo curso 2024 2025. Aquí dispoñen de toda a información.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA
Aquí está dispoñible toda a información das mesmas (tamén dispoñible no apartado da ANPA da web). Proximamente a ANPA comunicará a súa organización definitiva.
CURSO 2024 2025: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Enviado por admin o Lun, 15/07/2024 - 09:44Está publicada a listaxe provisional de admitidos/as no servizo de comedor para o curso 2024 2025 na páxina web do concello de Sada https://www.sada.gal/servizo-de-comedor-no-ceip-sada-y-contornos-curso-2024-2025, no taboleiro da OMIX e no taboleiro interior do centro.
Todas as solicitudes presentadas están admitidas a excepción de 5 que están pendente de subsanación. Prazo subsanación: 5 días naturais a partir do día seguinte a da publicación desta listaxe na web municipal. A documentación requirida para subsanar debe ser aportada a través do rexistro (presencial ou sede electrónica).
A listaxe definitiva publicarase proximamente na páxina web do concello, polo que as persoas interesadas deberán estar pendentes da mesma.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Aquí toda a información sobre as actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o vindeiro curso. O prazo de inscripción é ata o 31 de Xullo. A partir desa data, poderase inscribir só se hai prazas libres. Formulario de inscrición.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Mér, 03/07/2024 - 09:05Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2024-2025.
Cumprindo co artigo 13 da Orde do 7 de maio de 2024,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.
BANCO DE LIBROS DA ANPA
Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º e 4º de primaria a través do seguinte formulario:
FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS.
*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega, só o caderno de actividades que debe mercar a familia.
** As familias tamén deben adquirir o Activity Book de inglés.
Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.
RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Xov, 27/06/2024 - 14:32Están dispoñibles as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2024-2025.
Cumprindo coa lexislación vixente as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.
A partir do luns, día 1 de xullo, as familias poderán pasar a recoller os vales das axudas para a adquisición dos libros e para material escolar.
Cando se publique a resolución definitiva tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.
Lémbrase que para acceder aos libros do banco da ANPA é necesario ser socio da mesma.
GRADUACIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por admin o Ven, 21/06/2024 - 13:06Hoxe tivo lugar na Casa da Cultura o acto homenaxe ao alumnado que remata 6º de educación primaria. Estes 9 anos pasaron moi rápido e sen darnos conta chegou o momento da súa partida ao IES. Foi un acto moi emotivo no que alumnado, profesorado e familias gozamos con todo o que aconteceu. Moita sorte a todos e todas e que os vosos soños fáganse realidade. Grazas a Rolando, pai de Pablo de 6º, por encargarse de realizar as fotos.
Programa do Tarabelo nas ondas fin de curso
Clica na imaxe para ver as fotos
Vídeo homenaxe
Vídeo do acto
Fotos Rolando
GRADUACIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN INFANTIL
Enviado por admin o Mar, 18/06/2024 - 12:23Hoxe tivo lugar o acto de graduación do alumnado que remata 6º de educación infantil. Gozamos coas actuación dos nenos e nenas de 4º e 5º de EI e cos consellos e recomendacións que lles deron os seus compañeiros/as de 1º de educación primaria. Parabéns polo traballo realizado nestes anos, agora comezan unha nova etapa na que seguirán contando co apoio de todos e todas os que formamos parte desta Comunidade Educativa.
Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos
LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS PARA O CURSO 2024-2025
Enviado por admin o Ven, 14/06/2024 - 08:45Libros de texto para o curso 2024 2025
Material escolar para os distintos cursos: