Comedor: circulares, menú,...

CURSO 2024 2025: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS NO COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Está publicada a listaxe provisional de admitidos/as no servizo de comedor para o curso 2024 2025 na páxina web do concello de Sada https://www.sada.gal/servizo-de-comedor-no-ceip-sada-y-contornos-curso-2024-2025, no taboleiro da OMIX e no taboleiro interior do centro. 

Todas as solicitudes presentadas están admitidas a excepción de 5 que están pendente de subsanación. Prazo subsanación: 5 días naturais a partir do día seguinte a da publicación desta listaxe na web municipal.  A documentación requirida para subsanar debe ser aportada a través do rexistro (presencial ou sede electrónica).

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: Aquí toda a información sobre as actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o vindeiro curso. O prazo de inscripción é ata o 31 de Xullo. A partir desa data, poderase inscribir só se hai prazas libres. Formulario de inscrición.

Formulario inscrición actividade de piscina

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024 2025

Está dispoñible na páxina do Concello de Sada https://www.sada.gal/servizo-de-comedor-no-ceip-sada-y-contornos-curso-2024-2025  toda a información para a inscrición no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2024 2025, na mesma poden atopar o impreso de solicitude, as bases da convocatoria e outra documentación de interese.

Haberá dous prazos diferenciados para presentar as solicitudes:

  • Prazo I para o alumnado que xa conste matriculado no centro actualmente: do 27 de maio ao 14 de xuño (inclusive).
  • Prazo II para o alumnado de novo ingreso no centro: Do 20 de xuño ao 1 de xullo (inclusive).

 

MENÚ COMEDOR ESCOLAR 2023 2024

O número de teléfono para contactar cos persoal do servizo de comedor do centro é  o 699 01 46 62.

Para contactar coa empresa responsable do servizo e trasladar calquera incidencia no mesmo está dispoñible o seguinte correo electrónico: info@arumeservicios.es

08. MENÚ ALMORZO ABRIL

08. MENÚ XANTAR ABRIL

09. MENÚ ALMORZO MAIO

09. MENÚ XANTAR MAIO

10. MENÚ ALMORZO XUÑO

10. MENÚ XANTAR XUÑO

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023 2024: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS

Está dispoñible na páxina web do Concello de Sada a listaxe provisional do comedor escolar para o curso 2023 2024.

https://www.sada.gal/comedor-en-el-ceip-sada-y-sus-contornos-curso-2023-2024

Tamén está dispoñible a información para realizar as posibles alegacións.

O número de prazas o vindeiro curso será de 75.

A listaxe definitiva  publicarase na páxina web do Concello de Sada a comezos do mes de agosto.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023 2024

Está dispoñible na páxina do Concello de Sada https://www.sada.gal/comedor-no-ceip-sada-y-sus-contornos-curso-2023-2024 toda a información para a inscrición no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2023 2024:

• Criterios de solicitude de admisión.

• Tarifas do comedor.

• Ficha de inscrición.

O prazo de entrega da documentación é desde hoxe, día 19 de xuño, ata o luns, día 17 de xullo de 2023.  A documentación entregarase no rexistro do Concello de Sada.

INICIO DO CURSO 2022 2023

As clases inicianse o xoves 8 de setembro.

Organización das entradas (aplicable durante todo o curso):

  • Todo o alumnado accederá ao centro ás 09:00 horas.
  • Só as familias do alumnado de EI poden acceder ao centro para acompañar aos nenos e nenas nas entradas.

Acceso do alumnado de Educación Primaria aquí               Acceso do alumnado de Educación infantil aquí

Organización das saídas (aplicable durante todo o curso):

  • 13:50: Educación Infantil. As familias poden acceder ao centro seguindo o mesmo percorrido que nas entradas (ver aquí).
  • 13:55:1º e 2º de Educación Primaria. As familias poden acceder ao centro para recoller ao alumnado na zona de cor sinalada neste mapa.
  • 14:00: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O alumnado será entregado nas portas exteriores seguindo o recollido nesta imaxe.
  • O alumnado sairá de clase en orde de lista.
  • Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada principal sitúense á dereita desta porta. A orde de saída será 3º B, 5º e 6º de EP.
  • Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada B sitúense á esquerda desta porta. A orde de saída será 3º A e 4º de EP.
  • Para facilitar e axilizar as saídas solícitase ás familias que unha vez recollido o neno/a non se deteñan na beirarrúa de acceso ao centro.

Servizo de comedor e madrugadores. Ese mesmo día, 8 de setembro, está previsto que empecen a funcionar estes servizos.

Recoméndase que todas as familias usuarias do servizo de comedor instalen a APP Colechef.

Están convocadas as seguintes reunións:

  • Luns 5 de setembro:
    • Ás 11:00 horas coas familias do alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos). Lembrar traer cuberto o álbum do verán.
    • Ás 11:30 horas coas familias do alumnado de 6º de Educación Primaria.
    • Ás 13:00 horas coas familias usuarias do servizo de comedor.
  • Martes 6 de setembro ás 13:00 horas. Familias do alumnado de 5º de Educación Primaria.

Horario de secretaría:

  • Ata o comezo das clases: de 9 a 10:00 horas (previa cita).
  • A partir do 8 de setembro: De 09:00 a 09:45 horas (previa cita).

Axudas para o alumnado de necesidade específica de apoio educativo curso 2022 2023Aquí dispoñen de toda a información. 

COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2022 2023

Comeza o período de inscrición no servizo de comedor e de madrugadores do CEIP “Sada y sus Contornos” para o curso 2022-2023. Este servizo é xestionado polo Concello de Sada que trasladou ao centro a seguinte información:

O prazo de entrega de toda esta documentación comeza o vindeiro luns, 27 de xuño e remata o luns, 18 de xullo de 2022.  A documentación entregarase no rexistro do Concello de Sada.

Información na páxina web do Concello de Sada https://www.sada.gal/comedores-escolares-sada-curso-2022-2023

COMEDOR ESCOLAR 2021 2022: INFORMACIÓNS SOBRE O COMEDOR E MADRUGADORES

Toda a información referida ao comedor escolar e o servizo de madrugadores no curso 2021 2022 estará dispoñible na páxina web do Concello no seguinte enlace:  

https://www.sada.gal/inscricion-comedores-escolares

As comunicacións para o desconto do día non hai que facelas ao centro, O Concello informará aos usuarios do servizo do procedemento a seguir.

As familias si teñen que comunicar ao titor/a (a través do correo proporcionado por este/a) do neno/a  que este/a non acudirá ao comedor para que o mestre/a da última hora sitúe ao neno/a na fila de saída co resto de compañeiros/as.

COMEDOR ESCOLAR E MADRUGADORES PARA O CURSO 2021 2022

A empresa responsable do servizo de comedor comunicou que este comezará o xoves 9 de setembro e o de madrugadores o venres 10.

 

COMEDOR ESCOLAR 2021 2022: RESOLUCIÓN PROVISIONAL

O Concello de Sada publicou no día de hoxe na súa páxina web https://www.sada.gal/inscricion-comedores-escolares a seguinte información relacionada co comedor escolar e o servizo de madrugadores para o curso 2021 2022:

Para achegar a documentación, soliciten a través do teléfono do Concello (981620075- ext.200) ou ben a través do correo electrónico: citaprevia@sada.gal, cita para rexistro para anexar a documentación que se require á solicitude feita previamente. O prazo remata o día 03 de setembro de 2021. Calquera dúbida ou aclaración poden consultala a través do correo: sadaeduca@gmail.com

Distribuir contido