Novas

Plan Director de Convivencia: Novas tecnoloxías

O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia.

Onte un técnico formador da Garda Civil impartiu dúas charlas sobre novas tecnoloxías ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

  

Programa DIGITALWEEK: Participación alumnado 6º de Educación Primaria

No día de onte, 26 de setembro, publicouse no portal educativo a Resolución definitiva da selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek http://www.edu.xunta.gal/portal/node/38030 na que o noso centro é un dos incluídos.

O obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade de inmersión lingüística que lle permita mellorar as suas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa a través de actividades dixitais. Así mesmo, contará con actividades accións formativas non só académicas senón tamén que fomenten a actividade física, a socialización e o coñecemento cultural e tecnolóxico do contexto galego cunha metodoloxía adecuada á sua etapa educativa.

A actividade será de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolverase no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo, do 9 ao 15 de outubro.

 

REDE GALEGA DE EDUCACIÓN DIXITAL (DIXITALGAL)

O pasado xoves 11 de novembro publicouse a Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para a constitución da Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal), para o curso 2021-2022, na que o noso centro foi un dos seleccionados.  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35607.

A  Rede  Galega de Educación  Dixital inicia a súa actividade cun equipo integrado por 78 centros educativos e outros tantos docentes para impulsar a transformación do sistema educativo e ofrecer asesoramento e apoio no impulso dunha medida clave neste proceso: O Plan Dixital de Centro.

A rede organízase en 14 ámbitos xeográficos en toda Galicia, 5 na provincia da Coruña. Cada centro da rede contará cunha persoa mentora que acompañará aos centros do seu ámbito xeográfico no proceso de deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital. 

RECURSOS E DISPOSITIVOS TIC´S NA CASA

Co fin de ter o maior coñecemento posible da realidade do alumnado do noso centro e detectar as posibles carencias ou necesidades que se presenten ante un eventual paso ao ensino a distancia, solicítaselles ás familias do noso centro que cubran o seguinte formulario (un por cada neno/a matriculado no colexio):

Cuestionario necesidades TIC´S 

PROXECTO EDIXGAL: INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Este ano o centro comeza a súa participación no Proxecto Edixgal. A aula de 5º de EP será a primeira en ter as ventaxas que este proxecto proporciona. A aula dispón dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun portátil para o/a profesor/a e dun ordenador por alumno/a. Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo. Facendo clic nas imaxes podedes acceder a información referida ao proxecto Edixgal.

                             Espazo dedicado ao proxecto                                                         Folleto informativo 

        

 

O alumnado pode levar o portátil para a súa casa, cubrindo un formulario de asunción de responsabilidade que debe entregarse debidamente cumprimentado e asinado no centro educativo. Existe a posibilidade de contratar un seguro opcional para o portátil (independente do centro).

Navega con rumbo

Internet ofrece un mundo de posibilidades pero debemos tomar algunhas precaucións para evitar os perigos que podemos atopar.

Adrián, membro do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, explicoulles aos nenos e nenas de 5º e 6º cursos de Educación Primaria como deben realizar unha navegación segura por Internet.

Navega con Rumbo: Navega seguro en Internet

O 31 de marzo, Sofía ensinounos a navegar seguro por Internet.

Para ver as fotos clica na imaxe.

 

Navega con rumbo

Mariano, profesor da Facultade de informática, deunos unha charla sobre a navegación en Internet. As posibilidades que nos ofrece a Rede, as precaucións que debemos tomar e os perigos que podemos atopar. Tamén nos explicou que nestas dúas páxinas temos moitos consellos e axuda:  Navega con rumbo e Pantallas amigas

Navega con rumbo.

A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Un dos obxectivos do programa ABALAR é a formación nunha navegación segura. O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais. As guías pódense visualizar e descargar aquí.

O día 19 de decembro de 2012 estivo no noso colexio Marcos, do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, para explicar aos nenos e nenas de 5º  6º curso de educación primaria como deben realizar unha navegación segura por Internet.

 

Internet seguro

Distribuir contido