Novas
Día das Letras Galegas: Concerto Queiroa e entrega de premios
Enviado por admin o Mér, 18/05/2022 - 16:38Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicadas este ano ao poeta Florencio Delgado Gurriarán, realizamos un concerto didáctico a cargo da Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa.
A concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Sada, Marisa Rúa, realizou a entrega de premios aos gañadores/as do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello de Sada. Vera, de 2º A; Breixo, de 3º; Gonzalo, de 4º e Nerea, de 6º, foron os gañadores/as.
Programa especial do Tarabelo nas Ondas.
Aquí tedes dispoñibles fotos e vídeos desta xornada.
Día do Libro: Obradoiros de reciclado de papel
Enviado por admin o Xov, 21/04/2022 - 08:21Para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, todo o alumnado do centro participou nuns obradoiros de reciclado de papel da man do persoal de Matrácala Actividades lúdicas e educativas.
Cada neno/a elaborou persoalmente a súa peza, recolleron na súa composición o que lle transmite a lectura ou os libros co obxectivo de decorar o noso recuncho de resolución de conflitos e de Paz. Fabricaron papeis a partir de desfeitos de cartón, papel reciclado e tintas naturais. O remate da tarefa consistiu nun lacrado do realizado.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes da actividade (nos blogues dos diferentes cursos hai máis dispoñibles).
Concerto didáctico música tradicional
Enviado por admin o Lun, 04/04/2022 - 12:58O alumnado de 5º e 6º participou nun concerto didáctico de música tradicional promoido polo Centro Coreográfico Galego, que fixo un percorrido polos principais instrumentos da música tradicional galega, a fin de coñecer as súas características musicais e de construción. Ao mesmo tempo estes instrumentos serven para introducir os ritmos máis importantes coas súas características e usos.
Obradoiros sobre a figura de Rosalía de Castro
Enviado por admin o Lun, 04/04/2022 - 12:50O pasado mércores 30 de marzo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou, de xeito independente, nuns obradoiros sobre a figura de Rosalía de Castro organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e impartidos pola escritora Andrea Barreira.
Os obradoiros non só queren achegar a figura da poeta e narradora galega, máis tamén diversas formas de coñecela. A través da música, da súa faceta narrativa, dunha procura misteriosa,... as propostas son do máis diversas e entretidas para o alumnado, así como para coñecer aspectos da obra e da propia Rosalía.
Nos blogues dos distintos cursos podedes ver as imaxes da actividade.
Festa de Entroido
Enviado por admin o Ven, 25/02/2022 - 13:55Día de Rosalía
Enviado por admin o Mér, 23/02/2022 - 23:15Este é o primeiro ano que o Día de Rosalía de Castro celébrase un 23 de febreiro e non un 24. O cambio prodúcese despois de que se descubrese unha documentación que acredita que a autora de Follas Novas e Cantares Gallegos nacera este día.
Para conmemorar esta data tan especial no centro programamos distintas actividades:
- Sementade pensamentos: Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos, elaboramos un mural no que colocamos pétalos arredor do seu rostro. En cada un deles escribimos palabras das súas obras.
- Especial O Tarabelo nas Ondas: Escoita aquí o programa
- Actuación musical Cantando os cantares de Truque Matruque. A mesma é un percorrido polos “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro en forma de concerto.
Imaxes Sementades pensamentos Imaxes concerto
Reserva da Biosfera
Enviado por admin o Sáb, 26/06/2021 - 17:25Un ano máis o noso centro participou no Programa de Educación Ambiental “Educando na Biosfera” e o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou diferentes actividades de diversas temáticas (Arte e Patrimonio, Cambio climático, Natureza e territorio...) que se ofertan no mesmo: taller de debuxo, charlas informativas, intervencións de voluntariado na nosa contorna próxima... Aquí tedes os enlaces aos blogs de aula coas actividades realizadas:
5º de Educación Primaria
- Programa de Educación Ambiental “Educando na Biosfera”: Debuxando a Natureza Exposición "Ilustrando natureza"
- Actividade no CIEC do Programa Educativo da Reserva da Biosfera Visita ao CIEC
- Muíños de auga. Charla informativa para preparar a Ruta a Moa e o Pan (suspendida pola adversa climatóloxía).
6º de Educación Primaria
- O problema da contaminación por plásticos. Charla informátiva
- O problema da contaminación por plásticos. Saída de voluntariado
- Visita guiada a un recurso da Reserva da Biosfera: Sobrado dos Monxes.
Semana das Letras Galegas
Enviado por admin o Xov, 20/05/2021 - 17:40O pasado luns 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, dedicadas este ano á poetisa, traductora e mestra Xela Arias.
Durante toda a semana realizamos diferentes actividades ao redor da súa figura.
Música nas Letras Galegas: escoitamos anacos de cancións que grandes grupos de música galega crearon con poemas dos nosos máis célebres escritores. Tamén algunha cantiga tradicional e outras doutros coñecidos cantantes galegos. No blogue do EDLG O Tarabelo tedes todos os títulos (Clica aquí Música nas Letras Galegas).
O Tarabelo nas Ondas: programa especial dedicado a explicar que é o Día das Letras Galegas (clica aquí para escoitalo).
Póster dixital cos enlaces á información e actividades sobre a autora homenaxeada este ano. (Clica na imaxe para acceder).
En colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) o alumnado de 3º, 4º, 5º de EP realizou o obradoiro de poesía Cada día, a familia, arredor da figura de Xela Arias e impartido pola escritora Andrea Barreira. Clica nas imaxes para ver as fotos de cada curso.
4º EP 5º EP 3º EP
O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria realizaron unha actividade baseada nun poema sobre o lagarto e o pardal de Xela Arias.
Clica na imaxe para ver as fotos
Concertos didácticos da man do grupo Queiroa, co obxectivo de achegar á música e baile tradicional dun xeito lúdico, e a experimentación cos diferentes instrumentos tradicionais propios da nosa cultura (gaita, bombo, pandeireta, tambor, frauta, tarrañolas,...).
4º, 5º e 6º EP 1º, 2º e 3º EP Educación Infantil
Letras Galegas 2020
Enviado por admin o Xov, 14/05/2020 - 20:23O vindeiro domingo 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Ricardo Carvalho Calero.
O EDLG preparou no blogue O Tarabelo diferentes actividades para conmemorar esta data. Facendo clic nos enlaces poderedes acceder a elas.
Neste curso tiñamos pensado bailar unha muiñeira todos xuntos e adicarlla a D. Ricardo Carvalho Calero, pero as circunstancias obrígannos a cambiar de plans. Aquí tedes uns vídeos con distintas versións desta peza tradicional:
Letras Galegas 2019
Enviado por admin o Mér, 22/05/2019 - 20:23