Novas
Semana das Letras Galegas
Enviado por admin o Xov, 20/05/2021 - 17:40O pasado luns 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, dedicadas este ano á poetisa, traductora e mestra Xela Arias.
Durante toda a semana realizamos diferentes actividades ao redor da súa figura.
Música nas Letras Galegas: escoitamos anacos de cancións que grandes grupos de música galega crearon con poemas dos nosos máis célebres escritores. Tamén algunha cantiga tradicional e outras doutros coñecidos cantantes galegos. No blogue do EDLG O Tarabelo tedes todos os títulos (Clica aquí Música nas Letras Galegas).
O Tarabelo nas Ondas: programa especial dedicado a explicar que é o Día das Letras Galegas (clica aquí para escoitalo).
Póster dixital cos enlaces á información e actividades sobre a autora homenaxeada este ano. (Clica na imaxe para acceder).
En colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) o alumnado de 3º, 4º, 5º de EP realizou o obradoiro de poesía Cada día, a familia, arredor da figura de Xela Arias e impartido pola escritora Andrea Barreira. Clica nas imaxes para ver as fotos de cada curso.
4º EP 5º EP 3º EP
O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria realizaron unha actividade baseada nun poema sobre o lagarto e o pardal de Xela Arias.
Clica na imaxe para ver as fotos
Concertos didácticos da man do grupo Queiroa, co obxectivo de achegar á música e baile tradicional dun xeito lúdico, e a experimentación cos diferentes instrumentos tradicionais propios da nosa cultura (gaita, bombo, pandeireta, tambor, frauta, tarrañolas,...).
4º, 5º e 6º EP 1º, 2º e 3º EP Educación Infantil
Letras Galegas 2020
Enviado por admin o Xov, 14/05/2020 - 20:23O vindeiro domingo 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Ricardo Carvalho Calero.
O EDLG preparou no blogue O Tarabelo diferentes actividades para conmemorar esta data. Facendo clic nos enlaces poderedes acceder a elas.
Neste curso tiñamos pensado bailar unha muiñeira todos xuntos e adicarlla a D. Ricardo Carvalho Calero, pero as circunstancias obrígannos a cambiar de plans. Aquí tedes uns vídeos con distintas versións desta peza tradicional:
Letras Galegas 2019
Enviado por admin o Mér, 22/05/2019 - 20:23Educando na Biosfera: Funcións e importancia das árbores.
Enviado por admin o Mér, 27/03/2019 - 12:50A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo está localizada ao noroeste de Galicia e conta cunha extensión de 1.140 km2, que se corresponde cos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.
Dita figura recoñecida internacionalmente pola UNESCO, conta cunha poboación de 190.708 habitantes segundo o INE 2015, estando xestionada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, declarada de Utilidade Pública a través da Orde do 8 de febreiro de 2017.
Dentro do Programa educativo “Educando na Biosfera 2019”, os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria celebraron o “Día da Árbore e o Día Mundial da Poesía: 21 de marzo con escolares”, resaltando a importancia e función das principais árbores autóctonas da nosa contorna, así como relacionalo con cantigas e poesías de autores galegos. Realizamos un taller de poesía e unha plantación de carballos autóctonos no Paseo marítimo de Sada.
Rematamos esta actividade cantando unha cantiga: As árbores da fraga do grupo Fol do vento.
O programa “Educando na Biosfera 2019” está organizado pola Reserva da Biosfera e polo Concello de Sada.
Ficha informativa sobre o carballo.
5º curso: Traballos con poesías.
6º curso: Traballos con poesías.
Podes ver imaxes e vídeos da actividade.
Os nosos bosques
Enviado por admin o Ven, 15/03/2019 - 20:19O vindeiro 21 de marzo chega a primavera e celebramos tamén o Día Internacional dos Bosques.
Os Bolechas ensináronnos esta semana a importancia de reciclar. Debemos estar concienciados con este tema e actuar en consecuencia para protexer a nosa natureza e o noso planeta.
Tamén debemos protexer os nosos bosques con accións tan sinxelas coma non deixar un papel ou un cristal alí tirado cando imos pasar un día en familia nunha contorna tan maravillosa. Ás veces pensamos que non podemos facer nada, pero si. Toda acción, por pequena que sexa, é un grao de area para protexelos.
Durante esta semana escoitaremos no centro un trozo dunha canción do grupo galego Migallas adicada a unha árbore moi especial para nós: O carballo.
Os Bolechas son "Electrecos"
Enviado por admin o Xov, 14/03/2019 - 22:10O xoves 14 de marzo tivemos a visita dos Bolechas convertidos nos "Electrecos" que son superheroes que trataron de concienciar aos nen@s sobre a importancia da reciclaxe dos aparellos eléctricos e electrónicos(RAEE). Pasárono moi ben e xa teñen o seu carné de superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.
Educando na Biosfera: Os incendios forestais.
Enviado por admin o Dom, 10/03/2019 - 20:42Dentro do programa Educativo "Educando na Biosfera", da Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" e o Concello de Sada, tivo lugar una actividade sobre os incendios forestais.
Axentes ambientais da Consellería de Medio Rural explicáronlles aos alumnos de 5º e 6º cursos de Primaria os efectos que causan os incendios forestais no medio natural e os medios cos que contan para combatelos.
Despois mostraron o equipamento co que contan para a extinción dos incendios xunto co Servizo de Emerxencias Municipal de Sada.
Un Entroido de cine
Enviado por admin o Ven, 01/03/2019 - 22:01O venres 1 de marzo celebramos un Entroido de cine. Actuamos na Casa da Cultura de Sada. Houbo tanta afluencia de público que tivemos que facer dous pases. Foi un éxito total e pasámolo moi ben.
Se queredes podedes ver o vídeo da nosa actuación.
E aquí podedes ver imaxes da actuación e da festa que fixemos
Samaín de cine
Enviado por admin o Xov, 25/10/2018 - 22:34