Novas

A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo

A Deputación Provincial da Coruña, en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Sada, leva a cabo a campaña "Coa lingua fóra" para a promoción e fomento da Lingua Galega. Dentro desta campaña os alumnos de 1º, 2º e 3º cursos de Primaria asistiron á representación da compañía teatral Duende Sico "A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo".

"O primeiro día de clase, a mestra dona Tomasa díxolles aos seus alumnos que ela sempre trataba a todos por igual, que non tiña preferencias nin tampouco maltrataba nin desprezaba a ninguén. Axiña comprendeu o difícil que lle ía a resultar cumprir as súas palabras. Tivera alumnos difíciles, pero ninguén como Pedrito. 

Chegaba ao colexio sucio, non facía as tarefas, pasaba todo o tempo molestando ou dormitando, era unha verdadeira dor de cabeza.  Un día non aguantou xa máis e dirixiuse á dirección..."

Clique na imaxe para ver as fotos da actividade.

 

Día de Rosalía

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía. Este ano, por iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, todos o nenos e nenas do colexio fixemos un vídeo cun poema da cantante Uxía: "Rosalía pequeniña".

Esperamos que vos guste e que vos anime a falar na nosa lingua igual que fixo Rosalía.

A Real Academia Galega tamén rendeu a súa homenaxe a Rosalía.

 

Nubes de palabras do Entroido

Para ver a fotos clicar na imaxe.

 

Animación á lectura: O cociñeiro Martiño

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.

O cociñeiro Martiño estivo coas nenas e nenos de 1º e 2º cursos de Educación Primaria na biblioteca do noso colexio.

Picando na imaxe pódense ver as fotografías de Martiño.

Nubes de palabras polo Nadal

 

 Picando na imaxe pódense ver as fotografías das nubes de palabras.

Chegou o Nadal e veu en globo

Clicando na imaxe pódese ver a galería de fotos.

 

Exposición de felicitacións de Nadal

Picando na imaxe podes ver as fotografías.

Refráns do Outono

9 MESES, 9 HÁBITOS SAUDABLES

Letras Galegas 2016

Distribuir contido