Novas
Tastarabás
Enviado por admin o Mar, 30/04/2013 - 18:24
Rematamos abril , mes do libro , lembrando que acaba de saír publicada unha Enciclopedia de Brinquedos Tradicionais, títulada : “ Tastarabás “ de Antón Cortizas. Libro importante porque ademais de falar de xogos e xoguetes tradicionais, aparece grazas a colaboración de todas e todos. Fíxose coas aportacións de persoas de moitos sitios, aparecen nenos e colexios así como mestres. Nós tamén estamos , xa que a principios deste século XXI ( curso 2002 / 2003 ) , fíxemos un libro de xoguetes e unha exposición sobre este tema, do cal mándamos información ao autor. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/system/files/xoguet.pdf |
21 de marzo: Día da árbore
Enviado por admin o Mar, 19/03/2013 - 18:42Información, consellos e libro recomendado para celebrar a Día da árbore |
![]() |
Ano Lugrís Feire. Acto de homenaxe.
Enviado por admin o Ven, 15/02/2013 - 13:45
O Concello de Sada realizou unha ofrenda floral o 14 de febreiro de 2013, na Capela de San Roque, con motivo do 150 aniversario do nacemento de Manuel Lugrís Freire. D. Manuel Lugrís foi presidente honorario da Sociedad Sada y sus Contornos. Neste acto alumnos do noso centro procederán á lectura do poema Nova Estrela que abre o poemario As Mariñas de Sada”, unha loubanza que D. Manuel dedica á labor da Sociedad Sada y sus Contornos que, por unha feliz coincidencia, celebra tamén neste ano 2013 o centenario do s eu nacemento. Neste acto interviron tres alumnos deste centro: Victoria, Uxía e Alberto. Leron un texto no que se explicaba a relación de Manuel Lugrís coa "Sociedad Sada y sus Contornos" e dun poema "Nova Estrela". Para acceder ao texto pique aquí. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
