Animación á lectura
Día do Libro: Obradoiros de reciclado de papel
Enviado por admin o Xov, 21/04/2022 - 08:21Para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, todo o alumnado do centro participou nuns obradoiros de reciclado de papel da man do persoal de Matrácala Actividades lúdicas e educativas.
Cada neno/a elaborou persoalmente a súa peza, recolleron na súa composición o que lle transmite a lectura ou os libros co obxectivo de decorar o noso recuncho de resolución de conflitos e de Paz. Fabricaron papeis a partir de desfeitos de cartón, papel reciclado e tintas naturais. O remate da tarefa consistiu nun lacrado do realizado.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes da actividade (nos blogues dos diferentes cursos hai máis dispoñibles).
Padriños lectores
Enviado por admin o Mar, 30/04/2019 - 15:45Samaín de cine
Enviado por admin o Xov, 25/10/2018 - 22:34Divermaxia na Biblioteca Municipal
Enviado por admin o Xov, 25/10/2018 - 20:50Divermaxia na Biblioteca Municipal
Enviado por admin o Xov, 10/05/2018 - 21:55Sada lee: Entrega de premios
Enviado por admin o Xov, 10/05/2018 - 21:46Eva, de 6º curso de Educación Primaria, foi a gañadora do concurso “Sada lee” que o noso centro gaña por segundo ano consecutivo.
O concurso foi convocado pola Concellería de Educación do Concello de Sada e Eva presentou o traballo “Cuaderno de bitácora” que podedes ver no vídeo. O premio consistiu nun lote de libros para a gañadora e una tableta para o Colexio. Ademais, pola participación do centro, a Concelleira Raquel Bolaño fixo entrega dun lote de libros para a biblioteca.
Felicitacións para a Eva e animámosvos a participar para o vindeiro ano.
Clicando na imaxe podedes ver as fotos.
Día do Libro
Enviado por admin o Mér, 25/04/2018 - 10:07O 23 de abril celebramos o Día do Libro. No patio do cole houbo apadriñamento lector e os nenos e nenas de 6º participaron na “Biblioteca secreta”, unha actividade da Concellería de Educación do Concello de Sada.
Mirade o vídeo no que se ve como algúns van pasando de apadriñados a padriños lectores.
Clica na foto para ver as imaxes.
Libros para soñar
Enviado por admin o Lun, 22/01/2018 - 17:24Sara e Alex viñeron a visitarnos ao noso Colexio desde o lugar onde se fabrican os libros para soñar.
Álex é músico e anda cunha chea de instrumentos. É capaz de inventar ou de atopar as melodías que mellor lle acaen ás palabras que saen dos contos. O seu instrumento favorito ten un fol moi grande que estira e encolle, encolle e estira. Sabedes cal é? A ver quen o adiviña!
A Sara encántalle ler, por iso coñece moitos contos. Algúns lévaos na maleta para poder compartilos con vós. É o que máis lle gusta!
Estivemos moi atentos e gozamos xuntos dunha mañá fantástica na que espertaron a nosa imaxinación.
Clica na imaxe para ver as fotos.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
