Animación á lectura

Sada lee: entrega de premios.

Ada Lucía Cardelle de 5º curso de Educación Primaria foi a gañadora do concurso “Sada lee” deste ano.

O concurso foi convocado pola Concellería de Educación do Concello de Sada e o traballo  sobre un libro de Harry Potter, presentado por Lucía, levou o primeiro premio que consistiu nun lote de libros para a gañadora e una tableta para o Colexio. Ademais, pola participación do centro, a Concelleira Raquel Bolaño fixo entrega dun lote de libros para a biblioteca.

Noraboa a Lucía e gracias polos agasallos recibidos.

Clicando na imaxe pódense ver as fotos.

 

Día do Libro: A curuxa Catuxa visita o noso cole

A mascota da biblioteca Suárez Picallo visitou o noso colexio animando a todos a visitar a biblioteca municipal polo Día do Libro.

Para ver as fotos da visita pica na imaxe.

 

Animación á lectura: O cociñeiro Martiño

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa.

O cociñeiro Martiño estivo coas nenas e nenos de 1º e 2º cursos de Educación Primaria na biblioteca do noso colexio.

Picando na imaxe pódense ver as fotografías de Martiño.

Día do Libro. Entrega de premios.

A Concelleira de Eucación procedeu á entrega de premios do concurso convocado pola Concellerá de Educación con motivo do Día do Libro.

Cecilia, de 2º curso de Primaria, foi a gañadora absoluta do concurso e Johana, de 3º, a gañadora do noso centro. Ámbalas dúas recibiron un lote de libros e para o colexio unha tableta.

Noraboa ás dúas.

Día do Libro. Concurso do Concello de Sada: Sada Lee

O 23 de abril celébrase o Día do Libro. Para conmemorar esta data a Concellería de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada organiza un concurso dirixido ás comunidades educativas dos centros escolares do municipio e ás súas familias. Anímase a todos a participar nel

Cartel Día do Libro

Mapa Sada Lee

Bases do concurso Sada Lee.

Actividades dirixidas aos centros educativos.

Día do libro: Madriñas e padriños lectores

Entrega de agasallos da biblioteca

Continuando co proxecto da Biblioteca: "ILLA FANTASÍA", e co estandar de promocionar a lectura e a escritura, este venres 28 de novembro tivemos a visita do Alcalde de Sada, Ernesto Anido, que respondeu a diversas preguntas sobre a importancia de saber escribir e ler.

Aproveitando a súa visita ,fixo entrega xunto con  persoal da biblioteca municipal, duns agasallos ao alumnado participante neste proxecto.

Desde aqui, o equipo de biblioteca, felicita a todo o alumnado pola  particicipación nesta actividade e en especial aos "blogueiros", rapaces/as  de 6º e 5º, que  fan un bo uso do blogue

Padriños lectores

Actividade de voluntariado na Biblioteca Municipal.

Os alumnos de 6º curso de educación primaria participantes nun proxecto de voluntariado colabora coa Biblioteca Municipal Pintor Llorens en actividades de animación á lectura dirixidas aos alumnos de 6º curso de educación infantil do noso colexio.

Dentro do proxecto de animación lectora "Onde nacen os libros", os nenos e nenas de 6º colaboraron axudando a facer unha selección de lecturas e tamén a realizar traballos de plástica para ambientar o local onde vai ter lugar a actividade cos alumnos de educación infantil.

 

Neverland na biblioteca

Onte os nenos e nenas de 6º realizaron a presentación do novo proxecto do equipo de biblioteca que ten como tema principal Neverland. Parabéns polo traballo realizado.
 

Distribuir contido