Libros para soñar
Enviado por admin o Lun, 22/01/2018 - 17:24
Sara e Alex viñeron a visitarnos ao noso Colexio desde o lugar onde se fabrican os libros para soñar.
Álex é músico e anda cunha chea de instrumentos. É capaz de inventar ou de atopar as melodías que mellor lle acaen ás palabras que saen dos contos. O seu instrumento favorito ten un fol moi grande que estira e encolle, encolle e estira. Sabedes cal é? A ver quen o adiviña!
A Sara encántalle ler, por iso coñece moitos contos. Algúns lévaos na maleta para poder compartilos con vós. É o que máis lle gusta!
Estivemos moi atentos e gozamos xuntos dunha mañá fantástica na que espertaron a nosa imaxinación.
Clica na imaxe para ver as fotos.