Animación á lectura
Que me contas?
Enviado por admin o Ven, 25/01/2013 - 12:55
Todos o venres, no recreo, contan un conto na biblioteca. Hoxe Lúa, Antón e Javier contáronnos "O pequeno Yared". Se queres escoitar contos non perdas esta cita tódolos venres. E... se queres contar contos apúntate na biblioteca. Para seguir os contos que se van leendo visita o blogue da biblioteca. |
Lecturas recomendadas
Enviado por admin o Xov, 20/12/2012 - 12:47Desde o Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega recoméndase libros para regalar neste Nadal aos nenos e nenas do colexio. Unha carta urxente para os Reis Magos contén todas as recomendacións para fomentar a lectura. |
Para visualizar e descargar a carta pica aquí. |
Día da biblioteca: "A biblioteca, xardín onde florecen as palabras".
Enviado por admin o Mér, 24/10/2012 - 21:46
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. No CEIP Sada y sus Contornos os alumnos de 6º curso de primaria ofreceron unha representación ao resto dos nenos e nenas do colexio: “Corre corre, cabaciña”.Todos os nenos e nenas do colexio recibiron unha flor cunha mensaxe “A biblioteca, xardín onde florecen as palabras”. |
23 de abril: Día do libro
Enviado por admin o Lun, 23/04/2012 - 11:00Un conto con Suso Cubeiro
Enviado por admin o Ven, 16/03/2012 - 22:57
O ilustrador Suso Cubeiro contounos un bonito conto. Os nenos e nenas de educación infantil estivemos moi atentos e debuxamos o conto con Suso. |
|
Onde nacen os libros
Enviado por admin o Xov, 06/05/2010 - 21:35
Os nenos e nenas de 6º de educación infantil (5 anos) están realizando unha actividade de animación á lectura na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo de Sada: “onde nacen os libros”. Esta actividade vai dirixida aos nenos e nenas que se están iniciando na lectura. Ao final a planta dará un froito... |
|
En abril... libros mil
Enviado por admin o Xov, 22/04/2010 - 20:55
Madriñas e padriños lectores O 23 de abril para celebrar o día do libro levamos a cabo a actividade "Madriñas e padriños lectores". Os nenos e nenas maiores leron aos seus "afillados lectores" un libro. Como recordo elaboraron uns marcadores de lectura para lembrar aos seus "padriños lectores" e estes aos seus "afillados". |
O Segredo de Flora Cristina Justo, nai de Inés unha alumna do centro, veu leer un libro aos nenos e nenas de educación infantil: O segredo de Flora. Cristina é ademais unha das autoras do libro que se editou hai pouco xunto con outros dous: O país dos mandóns e A urna dos desexos. As reseñas dos tres libros podedes velas nun tríptico do Observatorio de Convivencia: educando en valores. |
|
