Comedor: circulares, menú,...
COMEDOR ESCOLAR 19-20 : RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO
Enviado por admin o Sáb, 26/10/2019 - 12:48O Concello de Sada rematado o prazo de presentación de solicitudes para a utilización do servizo de comedor escolar para o curso 2019-2020 informou da admisión do seguinte alumnado:
Relación de admitidos no servizo de comedor escolar para o curso 2019-2020
COMEDOR ESCOLAR: NOTA INFORMATIVA E FORMULARIO PRE-SOLICITUDE
Enviado por admin o Xov, 29/08/2019 - 17:12Durante estes meses o Concello realizou os trámites pertinentes para a posta en marcha do comedor escolar para o curso 2019/2020.
Nestes momentos falta a aprobación por parte do Consello da Xunta, que en principio será o vindeiro 5 de setembro. En canto o trámite burocrático e administrativo estea solucionado, iniciarase o proceso de admisión de usuarios que realizará o Concello para comezar co servizo pero, dados estes prazos, ata ou inicio de outubro non será posible.
De todos os xeitos, adiantamos que o custo aproximado do mesmo sería duns 3,5 euros por día, sempre que o comedor conte cun mínimo de 45 usuarios/as. O Concello de Sada garante a prestación do servizo de comedor aos usuarios interesados cun máximo de 50 prazas.
Coa fin de ter unha estimación dos usuarios deste servizo é necesario cubrir o seguinte formulario de pre-solicitude:
Formulario pre-solicitude comedor
COMEDOR ESCOLAR 2018-2019. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS
Enviado por admin o Xov, 05/07/2018 - 19:11Resolución definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2018-2019.
Publícase a Resolución definitiva de alumnado admitido como usuario de comedor para o curso 2018-2019. Os interesados poderán presentar recurso de alzada contra a presente Resolución ante a Xefatura Territorial nun prazo dun mes a partir da publicación da mesma.
Sada a 6 de xullo de 2018.
Resolución provisional de admitidos no servizo de comedor para o curso 2018-2019.
Os interesados poderán presentar reclamacións contra a presente Resolución ante o Consello Escolar nun prazo de cinco días a partir da publicación da mesma.
Sada a 28 de xuño de 2018.
SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019
Enviado por admin o Mar, 05/06/2018 - 19:13O servizo de comedor para o curso 2018-2019 ofértase nas instalacións do IES Mosteirón. O desprazamento realizarase en transporte financiado polo Concello de Sada. O número de prazas dispoñibles é de 46 e, se houbera máis solicitantes que prazas, os que non a obteñan quedarán en lista de espera.
O prazo para a presentación de solicitudes, así como a documentación acreditativa nos casos que sexa preciso, será do 7 ao 25 de xuño ámbolos dous inclusive, en horario de secretaría do centro. Así mesmo aquelas persoas que desexen colaborar como persoal coidador do alumnado que utiliza o servizo de comedor poden presentar a súa solicitude no mesmo prazo. As instancias de solicitude pódense recoller no centro a ou descargalas da web, así como o impreso de autodeclaración.
A contía a pagar por este servizo, ou a súa gratuidade, determínase no impreso de autodeclaración que as familias deberán achegar ao centro, debidamente cuberto, antes do 11 de setembro de 2018.
Publicarase no taboleiro de anuncios e na web do centro, antes do 1 de xullo, a lista provisional de admitidos para o servizo de comedor entre as solicitudes recibidas.
SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR
O Consello Escolar do centro procederá a admisión no servizo de comedor respectando estritamente a seguinte orde de preferencia:
-Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior.
-Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, acreditado con informe dos Servizos Sociais do concello.
-Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.
-Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía acreditada documentalmente, mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores.
-Outro alumnado do centro.
Documentos:
Impreso para solicitude do servizo de comedor.
Impreso de autodeclaración e Instrucións para cumprimentar o impreso de autodeclaración.
COMEDOR ESCOLAR 2017-2018. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS
Enviado por admin o Xov, 06/07/2017 - 10:11Resolución definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2017-2018.
Publícase a Resolución definitiva de alumnado admitido como usuario de comedor para o curso 2017-2018. Os interesados poderán presentar recurso de alzada contra a presente Resolución ante a Xefatura Territorial nun prazo dun mes a partir da publicación da mesma.
Sada a 6 de xullo de 2017.
Resolución provisional de admitidos no servizo de comedor para o curso 2017-2018.
Os interesados poderán presentar reclamacións contra a presente Resolución ante o Consello Escolar nun prazo de cinco días a partir da publicación da mesma.
Sada a 30 de xuño de 2017.
