2 de maio: Día Internacional contra o Acoso Escolar
Enviado por admin o Sáb, 30/04/2022 - 18:43Hoxe celébrase o Día Internacional contra o Bulling ou Acoso Escolar co obxectivo de erradicar a violencia e o acoso entre os estudantes de todo o mundo para conseguir escolar seguras nas que todos e todas podar crecer nun clima de respecto e tolerancia.
Celebramos o concerto A voar! de Cé Orquestra Pantasma para que todas as emocións positivas que xera a música sexan as que empreguemos á hora de relacionarnos na nosa escola.
Aquí podedes ver algunhas imaxes e vídeos
Compartimos un Genially no que atoparedes información sobre o acoso, vídeos, libros e un xogo elaborado por Oliva e a aula de 3º de Educación Primaria sobre os valores contra o Acoso Escolar. Tamén un vídeo resumo das actividades TEI realizadas.
Día do Libro: Obradoiros de reciclado de papel
Enviado por admin o Xov, 21/04/2022 - 08:21Para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, todo o alumnado do centro participou nuns obradoiros de reciclado de papel da man do persoal de Matrácala Actividades lúdicas e educativas.
Cada neno/a elaborou persoalmente a súa peza, recolleron na súa composición o que lle transmite a lectura ou os libros co obxectivo de decorar o noso recuncho de resolución de conflitos e de Paz. Fabricaron papeis a partir de desfeitos de cartón, papel reciclado e tintas naturais. O remate da tarefa consistiu nun lacrado do realizado.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes da actividade (nos blogues dos diferentes cursos hai máis dispoñibles).
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS
Enviado por admin o Mér, 20/04/2022 - 09:21Procédese á admisión provisonal de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso 2022 2023, excepto en 5º de Educación Primaria.
As listaxes provisionais de solicitudes admitidas e non admitidas poden consultarse:
a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.
b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.
Contra a Resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.
Día Global por Ucraína
Enviado por admin o Xov, 24/03/2022 - 13:57Seguindo a convocatoria realizada por Anmistía Internacional o noso centro participou na iniciativa Día Global por Ucraína. Realizamos unha concentración na que cada neno/a portaba un xirasol, flor nacional de Ucraína, en apoio á poboación deste país e lemos un manifesto de rexeitamento á guerra provocada pola invasión que está padecendo.
Podedes ver o vídeo e as imaxes da actividade
ADMISIÓN ALUMNADO 2022 2023: PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS
Enviado por admin o Mar, 22/03/2022 - 14:02As familias do alumnado que presentou solicitude de admisión para 5º de Educacición Primaria ten que presentar a documentación xustificativa dos criterios alegados. O prazo de presentación é do 24 de marzo ao 6 de abril. É preciso solicitar cita previa.
Nos restantes cursos non é necesario presentar documentación xa que hai menos solicitudes que prazas ofertadas.
Plan Director de Convivencia: Acoso Escolar
Enviado por admin o Mér, 16/03/2022 - 20:49O “Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos” ofrece aos centros a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das forzas e corpos de seguridade sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia.
Onte Fernando, formador da Garda Civil, impartiu tres charlas sobre o acoso escolar: dúas para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e outra para as familias que tivo lugar ás 18:00 horas no salón de plenos do Concello de Sada.
Día da Muller: Xincanas pola Igualdade
Enviado por admin o Lun, 14/03/2022 - 16:47Dentro das actividades organizadas para conmemorar o Día da Muller o centro organizou a realización de xincanas pola igualdade con todo o alumnado o luns 14 e o martes 15 de marzo.
Cada curso participou de xeito independente nunha actividade temática para concienciar na igualdade de xénero e na prevención das violencias machistas. Fixemos xogos, dinámicas, probas e entretementos desde un punto de vista positivo e optimista.
Facede clic na imaxe para ver algunhas das fotos destes días.
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022 2023
Enviado por admin o Ven, 25/02/2022 - 13:57As familias que desexen solicitar praza para o próximo curso deberán presentar a instancia e documentación complementaria do 1 ao 21 de marzo.
Neste apartado poden consultar toda a información sobre o centro e a normativa deste procedemento:
Documentación a presentar:
- Solicitude de admisión – anexo II (Documento: ED550B)
- Fotocopia do DNI ou copia do libro de familia do alumno/a.
- Certificado de matrícula, agás alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos).
Solicitude de admisión ANEXO II (galego).
Solicitude de admisión ANEXO II (castelán).
Presentación telemática da solicitude de praza.
Decreto de admisión de alumnado.
Orde de admisión de alumnos e modificacións á mesma.
Instruccións da Dirección Xeral de Centros e R. H.
Tríptico informativo sobre o centro.
En conserxería poden recoller a instancia de solicitude (Anexo II) e a información do centro poden consultala nesta páxina web.
Festa de Entroido
Enviado por admin o Ven, 25/02/2022 - 13:55ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.
Enviado por admin o Ven, 25/02/2022 - 09:21Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 11 da Orde de 12 de marzo de 2013, a dirección do IES Isaac Día Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2022-2023.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
