Graduación alumnado 6º de educación infantil

O venres, día 16 de xuño, celebramos a graduación do alumnado de 6º de educación infantil. Para celebrar este acontecemento os nenos e nenas de educación infantil prepararon distintas actuacións musicais e incluso unha obra de teatro. Ademais, o alumnado de 1º de educación primaria deulles os mellores consellos para afrontar a nova etapa que comezarán o vindeiro curso. Foi unha xornada de festa e celebración na que todos e todas pasámolo moi ben.

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos

Proxecto Cre-Arte: Arquitectura

O mércorés, día 14 e o xoves, día 15 realizamos a exposición do traballo realizado durante o 3º trimestre relacionado sobre a arquitectura. Os faros de Galicia, construcións de distintas épocas históricas, edificios creados con diseño 3D, a arquitectura de Exipto, as nosas casiñas... fixeron as delicias de todos e todas. Grazas ás explicacións recibidas en cada sala do Museo aprendemos moitísimas cousas sobre a arquitectura e a súa evolución.

Vídeo resumo da xornada

Fotos das visitas

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR, FONDO SOLIDARIO E BANCO DE LIBROS DA ANPA

No DOG de 19 de maio de 2023 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.

No curso 2023/2024 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Primaria. O alumnado matriculado no curso 2023/24 en 5º e 6º de EP no noso centro, ao formar parte do Proxecto E-DIXGAL, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.

Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na páxina web do centro e no portal da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

O prazo para a presentación das solicitudes remata o 21 de xuño de 2023, inclusive.

Para presentar a solicitude presencialmente no centro é preciso concertar cita previa (881880022 – ceip.sada@edu.xunta.gal). 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal . Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes  presencialmente  no centro  ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O formulario tamén está dispoñible no centro. 

No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para 1º e 2º cursos de Educación Primaria:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 240 euros.
  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 ata 10.000euros: 160 euros 

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria será a seguinte:                                                                                                              

a) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.                                                                 

b) Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

Para os efectos de renda terase en conta o exercicio fiscal do ano 2021 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2021, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.

Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2021, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto. A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º e 4º de Primaria, de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.

Banco de libros da Asociación de Nais e Pais. 

  • 3º de EP: Para aquelas familias que non se lles concedan libros a través do Fondo solidario (por superar os límites de renda) hai libros da ANPA suficientes. 
  • 4º de EP corresponde cambiar os libros de texto  para vincular o mesmo ao proceso de implantación da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica de educación (LOMLOE).  Por isto a ANPA, en principio, no contaría cun banco de libros. Pero está estudando a maneira de, unha vez publicada a listaxe definitiva de admitidos/as no fondo libros, cubrir as necesidades das familias do centro non admitidas nel.

 A ANPA comunicará máis adiante como acollerse ao Banco de libros (para facelo é preciso ser socio/a).

Orde da convocatoria

Documentación obrigatoria.

Solicitude en galego

Solicitude en castelán

Fondo libros.

Sede electrónica.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio é a festa da lingua galega que este ano réndelle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. Nós celebramos un festival no que gozamos con bailes, cancións e obras de teatro. Pasámolo moi ben grazas ao gran traballo realizado polos nosos compañeiros e compañeiras. Parabéns!

Especial Tarabelo nas Ondas Letras Galegas

Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos

Vídeo completo do Festival

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024: LISTAXES DEFINITIVAS

Están dispoñibles no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas de admitidos e admitidas para o curso 2023 2024.

As listaxes poden consultarse:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Polo tanto, a publicación na páxina web do centro, en taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro ou calquera outra alternativa distinta das mencionadas nos artigos 9 e 35.5 da Orde do 21 de outubro de 2022 non están incluídas entre as formas de publicación admitidas.

b) Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisionalumnado, , sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

Prazo de reclamacións: Poderase presentar recurso de alzada ante o Xefe Territorial no prazo dun mes. 

Formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2023-2024

Ata o día 20 de setembro de 2023, inclusive, estará aberto o prazo para solicitar a beca para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Poderán solicitar as axudas o alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo asociado a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

As solicitudes deben ser cubertas por Internet e entregadas posteriormente no centro educativo.

Acceso á apliación: https://sede.educacion.gob.es/portada.html

Convocatoria no BOE

Máis información no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Día Internacional Contra o Acoso Escolar

A prevención da violencia e do acoso escolar é un dos eixos principais da nosa escola. A través de distintos programas e actividades desenvolvemos gran cantidade de actividades encamiñadas á consecución do noso obxectivo. Co gallo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, que se conmemora o 2 de maio, traballamos de xeito específico está problemática a través da lectura de distintos libros e lecturas compartidas.

Aquí podedes ver as recomendacións

Educación Infantil

1º e 2º de Educación Primaria

3º e 4º de Educación Primaria

5º e 6º de Educación Primaria

Dentro do Programa TEI o alumnado de 3º e 5º, nunha actividade de cohesión, traballou de xeito especial a temática. 

Mensaxe do alumnado de 3º e 5º de Educación Primaria

Ademais dentro do programa ‘Somos Únic@s’, da Fundación ColaCao, que ten como obxectivo loitar contra o acoso escolar a través de dinámicas participativas, o alumnado de 4º e 6º de educación primaria participou nunha charla con xogo interactivo para sensibilizar sobre a importancia de loitar e prevenir estas situacións.

Clica na imaxe para ver as fotos da actividade

Padriños lectores e madriñas lectoras

Para rematar as actividades relacionadas coa conmemoración da Semana do Libro xuntámonos no patio ao redor dos libros. Os nenos e nenas maiores convertéronse en padriños e madriñas dos máis peques e xuntos compartiron distintas lecturas.

Clica na imaxe para ver as fotos

 

Distribuir contido