ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024: SOLICITUDES ADMITIDAS

Infórmase ás familias que presentaron solicitudes de praza para o curso 2023 2024 que todas foron admitidas e non é preciso presentar ningunha documentación adicional.

O prazo para a formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

RECOÑECEMENTO DE CRUZ VERMELLA SADA AO NOSO CENTRO

O pasado venres, día 10 de marzo, ás 20:00 horas tivo lugar a presentación da memoria anual de Cruz Vermella Sada. 

Durante o acto compartiuse cos asistentes as actuacións realizadas durante o ano 2022 e entregáronse diplomas de recoñecemento ás entidades, organismos ou personas que colaboraron con eles.

O noso centro foi un dos agraciados con esta distinción polas seguintes actuacións realizadas:

  • Limpeza da praia de Sada (alumnado de 3º e 4º de educación primaria).
  • Obradoiros de primeiros auxilios (todo o profesorado do centro e o alumnado de 5º e 6º de educación primaria).
  • Recollida solidaria de alimentos en Nadal.
  • Feirón Ama con Corazón: doazón de alimentos e diñeiro recaudado (2.100 euros que se repartiron entre Cáritas e Cruz Vermella).

Agradecer a Cruz Vermella Sada esta distinción e trasladarlles o noso recoñecemento pola gran labor que realizan no noso Concello e por estar sempre preto de quen máis o necesita.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023 2024

As familias que desexen solicitar praza para o próximo curso deberán presentar a instancia e documentación complementaria do 1 ao 20 de marzo.

O alumnado que está actualmente matriculado no centro non ten que realizar ningún trámite xa que ten garantida a reserva de praza.

Neste apartado poden consultar toda a información sobre o centro e a normativa deste procedemento:

Documentación a presentar:

  • Solicitude de admisión – ANEXO II (Documento: ED550B que inclúe o ANEXO II-bis)
  • Fotocopia do DNI ou copia do libro de familia do alumno/a. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Certificado de matrícula, agás alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos).

Información do proceso. Calendario, prazos de presentación de solicitudes e documentación, normativa, prazas, servizos que oferta o centro...

Solicitude de admisión ANEXO II (galego).

Solicitude de admisión ANEXO II (castelán).

Presentación telemática da solicitude de praza.

Decreto de admisión de alumnado.

Orde de admisión de alumnado.

Instruccións da Dirección Xeral de Centros e R. H.

Resultado do sorteo público para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2023/24.

Proxecto educativo.

Tríptico informativo sobre o centro.

Información ANPA

Plano de situación do centro.

Video das instalacións.

En conserxería poden recoller a instancia de solicitude (Anexo II) e a información do centro poden consultala nesta páxina web.

PREMIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO E CIDADANÍA GLOBAL

A Coordinadora Galega de ONGD publicou o pasado 21 de febreiro a Resolución definitiva da Segunda edición do Premio Galego de  Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global co propósito de recoñecer experiencias educativas transformadoras que fomenten  unha cidadanía solidaria, crítica e comprometida coa construción dun mundo xusto. Na mesma, a nosa escola foi premiada na Categoría A (Educación Infantil e Educación Primaria) polo noso proxecto Feirón Ama con Corazón realizado durante o curso 2021 2022.

Información no Portal da Consellería de Educación https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37847 e na páxina dos organizadores https://galiciasolidaria.org/ii-edicion-premio-galego-educacion/

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.

Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 29 da Orde de 21 de outubro de 2022, a dirección do IES Isaac Día Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2023-2024.

Festa de Entroido

Picasso, Miró, Kusama, Van Gogh...  acompañáronnos na celebración dun Entroido moi artístico. Disfraces, filloas, orellas, pinturas, mandados do Meco e sobre todo moitos sorrisos protagonizaron unha semana de festa e diversión. Clica nas imaxes para ver as fotos.

Vídeo Pasarrúas

Mandados do Meco

  

Festa Entroido

Entroido: Mandados do Meco

Na celebración do Entroido deste curso proponse ao alumnado a participación, de maneira voluntaria, na actividade Os Mandados do Meco. Para cada día da semana O Meco realizará unha proposta ao alumnado para que este a cumpra. Os mandandos son acumulables, hai que incorporar o novo ao anterior.

                                                                  

                                                                                                

ADMISIÓN ALUMNADO 2023 2024: XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O proceso de admisión para o curso 2023 2024 comeza o día 1 de marzo, aquelas familias que desexen coñecer máis sobre o noso colexio poden asistir á xornada de portas abertas que realizaremos o mércores día 15 de febreiro ás 16:30 horas.

Para participar nela é preciso inscibirse no formulario ao que accederedes facendo clic na imaxe

Día da Internet Segura

O 7 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da Internet Segura  baixo o lema nesta edición ‘Xuntos por unha Internet mellor" https://www.incibe.es/sid

Desde o Instituto Nacional de Ciberseguridade organizan en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF)  talleres en liña interactivos co obxectivo de axudar ao alumnado para desenvolver as súas competencias dixitais para aprender a realizar un uso seguro e responsable da internet. O alumnado de educación primaria do noso centro participou nos seguintes talleres:

•Taller en liña para alumnado de 6 a 8 anos: “Crea o teu contrasinal secreto”.

•Taller en liña para alumnado de 9 a 12 anos: “Detecta a fraude en videoxogos”.

Día da Paz: Construíndo un mundo de sorrisos

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a Paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, no que se conmemora o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Co lema "Construíndo un mundo de sorrisos" na nosa escola realizamos diferentes actividades que tiveron como colofón un bonito acto que contou coa participación de todo o alumnado e profesorado.

Clica na imaxe para ver as fotos

 Vídeo

Distribuir contido