Axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2011 2012

Toda a información e documentación está dispoñible na páxina web de Consellería de Educación. Para acceder pique aquí.
Axudas para 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria:
-Circular informativa.
-Orde de convocatoria.
-Impreso de solicitude.
Axudas para 3º e 4ºde educación primaria:
Estas axudas solo son para os libros que cambian de idioma (matemáticas no caso do noso cengtro) debido ao Decreto do Plurilingüísmo. Os restantes libros recibiranos os alumnos ao inicio do curso porque segue en vigor o programa de gratuídade libros de texto neste ciclo de educación primaria.
-Circular informativa.
-Orde de convocatoria.
-Impreso de solicitude.

Visita á granxa escola de Belelle


NOTA INFORMATIVA

ÁS FAMILIAS DOS ALUMNOS QUE TEÑAN PRESENTADA SOLICITUDE DE PRAZA PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)
Deberán aportar a documentación xustificativa das circunstancias acreditadas (certificado de Padrón municipal, etc…)
No caso das familias que acrediten o lugar de traballo, no punto 6, do artigo 21º, da orde de 17 de maio de 2007 di:
-Traballadores por conta allea: certificado expedido para o efecto polo titular ou responsable da empresa e unha copia do contrato laboral;
-Traballadores por conta propia: alta censal incial perante a Axencia Estatal Tributaria e alta na Tesourería Xeral no Réxime da Seguridade Social correspondente.
OS  DOCUMENTOS  REQUIRIDOS  PODERÁN  PRESENTARSE  NO  CENTRO  ATA  O MARTES,  26  DE  ABRIL,
Sada a 4 de abril de 2011.
O DIRECTOR Asdo. Miguel Gayoso Barreiro

Festival do Entroido

Entroido


PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA

RISCOS NO USO DE INTERNET
PREVENCIÓN NO CONSUMO DE DROGAS E ALCOL POR MENORES
Estas  actividades van dirixidas aos alumnos do 3º ciclo de educación primaria, e ás súas familias, e pretenden dar información e estratexias sobre o uso de Internet e a problemática do consumo de drogas. Serán impartidas por formadores da Garda Civil.
As actividades están organizadas polo Observatorio para a Convivencia Escolar do Centro e pola Asociación de Nais e Pais As Mariñas dentro do Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad Escolar do Ministerio del Interior e do Ministerio de Educación, Política Social y Deporte.
Riscos no uso de Internet.
Venres, 18 de febreiro de 2011
Dirixida aos alumnos de 3º ciclo de e. primaria (10,50 horas).
Prevención no consumo de drogas e alcol por menores.
Venres, 25 de febreiro de 2011
Dirixida aos alumnos de 3º ciclo de e. primaria (10,50 horas).

ESCOLA DE NAIS E PAIS
Riscos de Internet e prevención no consumo de drogas.
Martes 22 de febreiro de 2011. Dirixida a nais e pais dos alumnos do 3º ciclo de primaria (19 horas).

INSCRICIÓN.  Para participar na charla do día 22 será preciso inscribirse para o que se deberá cubrir o boletín adxunto e depositalo no buzón da ANPA. O prazo de inscrición remata o xoves 17 de febreiro.
*De non haber un mínimo de 15 participantes suspenderíase a actividade.
Pique aquí para descargar o cartel anunciador que contén o boletín de inscrición

 

BO NADAL

Os alumnos e profesores do CEIP Sada y sus Contornos queremos desexar a todos un Bo Nadal e un Aninovo 2011 cheo de saúde e felicidade.
O Nadal no mundo. No noso colexio hai nenos e nenas de moitos paises que celebran o Nadal dun xeito algo diferente a nós. Se queredes saber algo máis de como se celebra en paises de onde proceden os nosos compañeiros picade aquí.

MAGOSTO


HAPPY HALLOWEEN

Da man da Teacher Teresa, da Teacher Cristina, das Teacher´s Patricia´s, do conserxe Enrique,... chegou o Halloween ao noso colexio. Algún asustouse porque unha enorme araña apareceu na entrada do Albergue. Nenos e nenas disfrazados, unha bruxa, unha pantasma, teas de araña, un mural, as cabazas que anuncian o Samaín... Ao ver a xigantesca araña houbo quen escapou correndo dicindo que era o "Jalo Juin". A Teacher Teresa calmouno, díxolle que non se asustara, que era o Halloween.
 
Distribuir contido