Festa Voz Natura

O sábado 1 de xuño celebrouse en Acea de Ama a festa Voz Natura. Foi un rebumbio de xente, unha morea de traballos dos coles que participamos neste proxecto e moita festa.
Neste enlace podedes ver o álbum de fotos que publicou o xornal La Voz de Galicia.
E aquí vai unha presentación dos nosos traballos e de fotos que sacamos na festa:

Centenario da "Sociedad Sada y sus Contornos"

O 19 de maio de 1913 nacía en Nova York a Sociedade Sada y sus Contornos. No ano 1927, froito da labor solidadria dos emigrantes sadenses agrupados nesta Sociedade,  inaugúranse as escolas de sada y sus Contornos. Neste ano 2013 celebramos o centenario da Sociedade Sada y sus Contornos. O 16 de maio de 2013 tivo lugar un acto na Casa da Cultura no que lembramos a memoria e obra destes bos e xenerosos sadenses. Vai a continuación un resumo deste emotivo acto.

1 Centenario Sada y Contornos from Sada y sus Contornos on Vimeo.

Nova Estrela con música from biblioteca ceip sada on Vimeo.

3 Sada y sus C Roi 2 from Sada y sus Contornos on Vimeo.

Excursión Fin de Primaria.

Os alumnos de 6º curso de primaria foron de excursión a aula da natureza de Alvarella. Fixeron moitas actividades e como podedes ver nas fotos pasárono moi ben.

Voz Natura: Compra de fincas en Espenuca

Unha representación dos alumnos do Colexio Sada y sus Contornos asistiron ao acto de compra de varias parcelas pola Fundación Fragas do Mandeo

O xoves 9 de maio, ás 16 horas, achegámonos a Betanzos para asistir á sinatura da escritura de adquisición de varias parcelas de monte na notaría de D. Óscar López Doval por Fragas do Mandeo. 

A Fundación Fragas do Mandeo mercou un total de 26.630 m2.  Da superficie total, 2.105 m2 foron os que se pagaron cos 318,50 € que xuntaron os alumnos do Colexio Sada y sus Contornos no rastrillo solidario realizado o Día do Libro para recadar fondos para a Fundación Fragas do Mandeo.

Na escritura de compra recóllese a contribución do noso centro:

SEGUNDO.- Manifesta o representante da Fundación,que na adquisición das fincas empréganse osTRESCENTOS DEZAOITO EUROS CON CINCUENTA CÉNTIMOS(318,50 €) recibidos o día 23 de abril de 2.013, pordoazón dos alumnos do CEIP Sada y sus Contornos, que estes xuntaron nun rastrillo organizado o Día do Libro,como parte das actividades realizadas no seu proxecto Voz Natura, titulado “Custodia do territorio e biodiversidade”.

Despois de rematar o acto de compra na notaría desprazamonos a Espenuca, onde poidemos observar o estado actual do mirador. Alí actuará a Fundación nos terreos adquiridos para recuperar o hábitat propio dese entorno. Co paso do tempo poderemos ir comprobando como o esforzo e contribución solidaria terán un efecto importante na conservación do medio ambiente.


Escritura de compra. Mención ao Colexio Sada y sus Contornos.

 

Nova na páxina web da Fundación Fragas do Mandeo.


 

Libro LIM sobre o Centenario de Sada y sus Contornos

Como xa sabedes este ano celebramos o Centenario da creación da Sociedade Sada y sus Contornos. A mellor maneira de homenaxear a aqueles sadenses e contando a súa historia para que o paso do tempo non a deixe no olvido.Vai por eles. Libro Lim "Historia da Escola Sada y sus Contornos". 

Centenario da "Sociedad Sada y sus Contornos"

Estamos preparando os actos da conmemoración do centenario do nacemento da “Sociedad Sada y sus Contornos”. Esta sociedade, que naceu en Nova York o 19 de maio de 1913, foi a que edificou a escola que alberga o noso centro. Esta celebración coincide co 150 aniversario do nacemento de Manuel Lugrís Freire, quen fora Presidente honorario da "Sociedad Sada y sus Contornos"

Os actos de conmemoración, organizados polo Colexio e o Concello de Sada, terán lugar o 16 de maio de 2013 na Casa da Cultura ás 12 da mañá. Tamén haberá algunhas actividades no colexio.

Convidamos a toda a comunidade educativa e aos veciños de Sada a asistir e compartir esta celebración.

 

Tastarabás

Rematamos abril , mes do libro , lembrando que acaba de saír publicada unha Enciclopedia de Brinquedos Tradicionais, títulada : “ Tastarabás “ de Antón Cortizas.

Libro importante porque ademais de falar de xogos e xoguetes tradicionais, aparece grazas a colaboración de todas e todos. Fíxose coas aportacións de persoas de moitos sitios, aparecen nenos e colexios así como mestres. Nós tamén estamos , xa que a principios deste século XXI  ( curso 2002 / 2003 ) , fíxemos un libro de xoguetes e unha exposición sobre este tema, do cal mándamos información ao autor.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/system/files/xoguet.pdf

Éxito do rastrillo solidario

O rastrillo solidario realizado o Día do Libro para recadar fondos para a Fundación Fragas do Mandeo foi todo un éxito.
Da venda dos libros recollidos no centro recadáronse 318,50 € e dos libros vendidos pola Fundación pola tarde 93,60 €. En total 412,10 €.
Co recadado a Fundación adquirirá unha finca para custodia do territorio no entorno do río Mandeo. No momento que se proceda á compra daremos máis información dos detalles.
Pica na imaxe para ver o álbum de fotos publicado no xornal La Voz de Galicia.

Día do Libro. Rastrillo solidario.

 

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e con tal motivo queremos organizar un rastrillo solidario no Colexio de educación infantil e primaria Sada y sus Contornos.

Programa Voz Natura: Custodia do territorio e biodiversidade

Neste curso estamos levando a cabo o proxecto “Custodia do territorio e biodiversidade” dentro do programa Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que nos concedeu unha axuda para adquisición de materiais e para algunhas das viaxes realizadas. Máis información: http://www.voznatura.com  

As actividades que levamos a cabo no colexio dentro do proxecto “Custodia do territorio e biodiversidade” pódense seguir a través do blogue: http://voznaturasada.blogspot.com.es/

Fundación Fragas do Mandeo

Neste proxecto contamos coa constante colaboración da Fundación Fragas do Mandeo,  (http://www.fragasdomandeo.org/ ) unha entidade de custodia do territorio que ten como fin a preservación da biodiversidade na comarca coruñesa de As Mariñas. Coa adquisición de fincas de interese ambiental mediante compra, doazón ou legado, e a través de acordos cos propietarios de parcelas, baixo aluguer ou cesión temporal, busca conserva-los espazos naturais desta comarca. 

Dentro deste proxecto temos previsto realizar un rastrillo solidario con achegas de libros por parte das familias e do centro para poñelos á venta o día 23 de abril. A recadación da venta dos libros destinarase á Fundación Fragas do Mandeo para colaborar na adquisión de fincas para a custodia do territorio.

Colaboración das familias

Para levar a cabo esta actividade solicitamos a colaboración das familias coa aportación de libros de literatura infantil e xuvenil e tamén de temática ambiental ou sobre a Natureza.

Rastrillo solidario

O rastrillo estará no ximnasio de 12,15 a 13,30 horas, para que os alumnos do centro poidan mercar libros. De 13,30 a 14,00 horas e pola tarde, de 16 a 17 horas, abrirase para as familias e público en xeral. No horario de tarde estarán tamén no centro representantes da Fundación Fragas do Mandeo que atenderán aos interesados en colaborar con esta entidade e informarse sobre as súas actividades.

Máis información sobre o proxecto Voz Natura:  http://voznaturasada.blogspot.com.es/

Admisión de alumnos para o curso 2013 - 2014. Listado de admitidos

 

Segundo o disposto no artigo 9.1 do DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26/12/2012) procédese a admisión a todos os alumnos que solicitaron praza neste centro para o curso 2013-2014 e que se relacionan a continuación:

4º curso de educación infantil

1. Arcay Filgueiras, Xesús

2. Bermejo Carreira, Mar

3. Blanco Babío, Nadia

4. Carballo Blas, Carlota

5. Coma Rey, Jorge

6. Doce Álvarez, Lara

7. Estacio Méndez, José Andrés

8. Fall, Mustafá Rober

9. Gallitano Rodríguez, Emma

10. Gil Prado, Gael

11. Hernández Ortiz, Derek Gabriel

12. King Antón, Jorge Matthew

13. López Álvarez, Daniela 

14. Mañana Rodríguez, Irene

15. Patiño Suárez, Laura

16. Pérez Castro, Sarai

17. Tellado Couce, Manuel

18. Valdés Núñez, José Luis

19. Veiga Castro, Daniel

5º curso de educación infantil

1. Lata Vázquez, Adrián José

6º curso de educación infantil

1. Caamaño Insua, Karla

1º curso de educación primaria

1. Olivares Naranjo, David Zhao

6º curso de educación primaria

1. Cabo Felpete, Brais

 

Sada a 18 de abril de 2013.

Distribuir contido