Educando en valores
Enviado por admin o Lun, 12/12/2011 - 22:14O 25 de novembro contra a violencio de xénero. Vacínate contra a violencia! |
|
Educando en valores... |
Calendario 2012 dos dereitos dos nenos
Enviado por admin o Mér, 30/11/2011 - 23:47Día do peón 2011
Enviado por admin o Dom, 20/11/2011 - 21:58
DIA DO PEON 2011 from Sada y sus Contornos on Vimeo. |
AMPLIACIÓN DO CENTRO: DECLARACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Mér, 09/11/2011 - 20:34
DECLARACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR. Para visualizala ou descargala pique aquí.
|
O Consello Escolar reuniuse en sesión extraordinaria o martes 8 de novembro e aprobou a declaración que se achega con esta circular, en relación coa ampliación das nosas instalacións e a necesidade de contar cos terreos necesarios para proceder á mesma. A declaración contén un relatorio do acontecido nestes últimos meses, algunhas reflexións sobre a situación e unhas conclusións, sendo a primeira delas a solicitude dunha reunión con carácter urxente co Alcalde de Sada. Non consideramos de recibo que teñamos que informarnos polos medios de comunicación das intencións do Concello respecto á ampliación do noso centro, máxime cando desde o 15 de outubro hai unha solicitude de entrevista co Alcalde de Sada que non foi atendida. |
CONVOCATORIA DO CONCELLO DE SADA : AXUDAS ÁS FAMILIAS
Enviado por admin o Mér, 09/11/2011 - 20:28
O Concello de Sada ven de publicar a convocatoria para a concesión de axudas económicas ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados.
|
Magosto e Samaín
Enviado por admin o Sáb, 05/11/2011 - 00:02Chegou o outono a Sada y sus Contornos. Cabazas, arañas, esqueletos, pantasmas, peóns, disfraces, libros de medo,... encheron de súpeto o colexio. Tamén chegou un arrecendo irresistible a castañas asadas e Dona Castaña volveu cos seus xogos... Celebramos o Magosto e o Samaín, e coa Teacher tamén o Halloween. |
|
Lendas de Sada
Enviado por admin o Xov, 27/10/2011 - 22:52
Artigo de Manuel Dans con ilustracións de Luis Otero e publicado no número 24 da Revista das Mariñas A Xanela |
Visita ao Galeón La Pepa e exposición sobre a evolución humana
Enviado por admin o Mér, 05/10/2011 - 12:03
|
Subvención do Concello de Sada
Enviado por admin o Sáb, 16/11/2019 - 19:16O Concello de Sada subvenciona con 3.000 € os gastos de transporte das saídas escolares, de reprografía e de adquisición de material diverso.
Convenio de colaboración entre o Concello de Sada e o CEIP Sada y sus Contornos, para financiar saídas escolares, reprografía e material de oficina e escolar diverso segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2019.
Durante o ano 2019, os gastos de transporte ocasionados polas saídas escolares realizadas así como a reprografía e adquisición de diverso material escolar e de oficina, foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000 €.
O que se informa para o xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.
AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA 2019-2020
Enviado por admin o Mér, 02/10/2019 - 09:58Convocatoria de axudas económicas ás familias para atender aos gastos do comezo do curso escolar da Concellería de Educación do Concello de Sada.
Enlace á web municipal onde se atopa a información da convocatoria
As actividades extraescolares comezaron onte, lémbrase ás familias que aínda quedan prazas dispoñibles en algunhas delas.
Oferta de actividades extraescolares da Asociación de Nais e Pais para o curso 2019-2020 e boletín de inscrición:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- seguinte ›
- última »
