Cerámicas O Castro: Escola de cerámica.

Os nenos e nenas do segundo ciclo de primaria participamos nas actividades da Escola de Cerámica de Cerámicas O Castro. Modelamos e decoramos pezas en gres, coñecimos a historia desta emblemática industria, visitamos a fábrica e o museo Carlos Maside.

A cadeira máxica.

"Nun reino moi afastado, onde habitaba un rei moi poderoso nun inmenso castelo. O Rei ten un tráxico accidente ao caer do seu cabalo e tras isto os reinos veciños decláranlle a guerra. A única persoa que pode defender ao pobo é a súa filla, a princesa Laura, pero o rei ten unha gran preocupación; a súa filla está en cadeira de rodas. Poderá a princesa Laura lograr a paz entre os reinos?"

O grupo de teatro "Arco da Vella" integrado por persoas de ASPACE presentáronnos esta fermosa obra.

 

Carta de agradecemento de UNICEF.

Gracias aos 418 € recadados no partido solidario organizado polo noso colexio o pasado 24 de novembro, UNICEF pode subministrar 3096 dosis orais da vacina contra a polio. Con elas pódese inmunizar a 1.032 nenos contra esa enfermidade.

Educamos en valores: Dereitos dos nenos e Día contra a violencia de xénero

No blogue da biblioteca podedes ver as imaxes das actividades que se realizaron no centro con motivo da celebración do Día dos dereitos da infancia e do Día contra a violencia de xénero.

http://sadaysuscontornos.blogspot.com.es/2012/11/educando-en-valores.html

Partido de fútbol solidario UNICEF

 

O curso pasado os alumnos/ás de 3º ciclo do noso colexio participaron nun programa de UNICEF chamado "O fútbol que queremos" coa finalidade de reflexionar sobre os valores asociados ao fútbol e en especial, que os nenos/ás incorporasen no seu día a día condutas positivas de nutrición, convivencia e solidariedade. Por este motivo recibimos a visita de xogadores do Deportivo da Coruña e propuxémoslles a realización dun partido para recadar fondos encamiñados a paliar a situación de pobreza e desigualdade que moitos nenos/ás sofren no mundo.
Desde o CEIP Sada y sus Contornos comprácenos convocar a toda a comunidade educativa ao partido de fútbol solidario que terá lugar o próximosábado 24 de novembro, ás 11:00 da mañá no Campo dás Mariñas de Sada, entre os equipos de:

R.C. Deportivo da Coruña de Veteranos (Fran, Manjarín, Songo´o...) vs Veteranos Sporting de Sada

O prezo simbólico das entradas será de 1 euro e a recadación do partido será en favor de UNICEF. As entradas pódense adquirir no colexio (traer diñeiro exacto) ou o día do partido. Animamos a todos/ás a participar e mostrar a cara máis solidaria da nosa escola.
Unha aperta e grazas pola vosa colaboración,
O CEIP Sada y sus Contornos

O partido foi todo un éxito. Recadáronse 418 € para UNICEF. Gracias a todos os que particparon.
 

 

Voz Natura: Visita a Cecebre.

No blogue do proxecto Voz Natura atópase a información da visita ao encoro de Cecebre realizada polos nenos e nenas do  segundo ciclo de primaria:

http://voznaturasada.blogspot.com.es/2012/11/o-encoro-de-cecebre.html

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

 

O Consello Escolar é o máximo órgano de xestión do Centro. Del forman parte representantes dos distintos sectores da comunidade educativa, participando conxuntamente na toma de decisións. Pola importancia que ten o Consello Escolar na vida do centro anímase a todos a participar neste proceso electoral.

Durante o mes de novembro do presente curso procederase á renovación de 3 representantes  dos pais, un deles por designación da ANPA, e 3 dos profesores no Consello Escolar do centro. A Xunta Electoral reunida o 6 de novembro, acordou establecer o seguinte calendario electoral:

DO 8 AO 16 DE NOVEMBRO (ámbolos dous inclusive)

-Exposición dos censos electorais de pais, profesores, persoal non docente e período de reclamacións aos mesmos. Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios da entrada do centro.

-Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar.Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar. Para a presentación da candidatura e reclamacións ao censo farase un escrito dirixido ao director do centro. Quen o desexe ten modelos á súa disposición na conserxería ou pode descargalos da web do centro.

19 DE NOVEMBRO

-Reunión da Xunta Electoral na que se procederá a admisión das candidaturas, aprobación definitiva de censos electorais, aprobación de modelos de papeletas, sobres,...

-Publicación de candidaturas.

-Publicación definitiva do censo electoral.

-Sorteo público, ás 9,30 horas na entrada do colexio, para a designación dos integrantes mesa electoral para a votación das nais e pais

20 DE NOVEMBRO

-Claustro informativo.

27 DE NOVEMBRO

-Votación de nais e pais e votación de profesores.

4 DE DECEMBRO

 -Constitución do Consello Escolar.

Impreso para presentar unha reclamación ao censo.

Impreso para presentar candidatura.

Magosto, Samaín e Halloween

 

Día da biblioteca: "A biblioteca, xardín onde florecen as palabras".

O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. No CEIP Sada y sus Contornos os alumnos de 6º curso de primaria ofreceron unha representación ao resto dos nenos e nenas do colexio: “Corre corre, cabaciña”.Todos os nenos e nenas do colexio recibiron unha flor cunha mensaxe “A biblioteca, xardín onde florecen as palabras”.

Abonos dos prezos públicos do servizo de comedor. Curso 2012-2013.

 
Segundo a documentación xustificativa presentada terán dereito ao uso gratuíto, bonificación do 50% do prezo público ou abono do 100% do citado prezo o alumnado usuario segundo se relaciona. Para visualizar o listado pique aquí.
Distribuir contido