PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA
Enviado por admin o Lun, 14/02/2011 - 19:35
RISCOS NO USO DE INTERNET PREVENCIÓN NO CONSUMO DE DROGAS E ALCOL POR MENORES Estas actividades van dirixidas aos alumnos do 3º ciclo de educación primaria, e ás súas familias, e pretenden dar información e estratexias sobre o uso de Internet e a problemática do consumo de drogas. Serán impartidas por formadores da Garda Civil. As actividades están organizadas polo Observatorio para a Convivencia Escolar do Centro e pola Asociación de Nais e Pais As Mariñas dentro do Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad Escolar do Ministerio del Interior e do Ministerio de Educación, Política Social y Deporte. Riscos no uso de Internet. Venres, 18 de febreiro de 2011 Dirixida aos alumnos de 3º ciclo de e. primaria (10,50 horas). Prevención no consumo de drogas e alcol por menores. Venres, 25 de febreiro de 2011 Dirixida aos alumnos de 3º ciclo de e. primaria (10,50 horas).
ESCOLA DE NAIS E PAIS Riscos de Internet e prevención no consumo de drogas. Martes 22 de febreiro de 2011. Dirixida a nais e pais dos alumnos do 3º ciclo de primaria (19 horas).
INSCRICIÓN. Para participar na charla do día 22 será preciso inscribirse para o que se deberá cubrir o boletín adxunto e depositalo no buzón da ANPA. O prazo de inscrición remata o xoves 17 de febreiro. *De non haber un mínimo de 15 participantes suspenderíase a actividade. Pique aquí para descargar o cartel anunciador que contén o boletín de inscrición
|
|
|