Actividades
Día da Paz: Árbores pola Paz
Enviado por admin o Dom, 31/01/2021 - 12:54Nadal no CEIP Sada y sus Contornos
Enviado por admin o Mar, 22/12/2020 - 13:18Hoxe despedimos o primeiro trimestre cunha xornada de festa. Realizamos distintas actividades nas aulas, unha deliciosa chocolatada e finalmente compartimos unhas badaladas cun programa do Tarabelo nas Ondas.
Nestes días fixemos unha recollida solidaria de alimentos na que, unha vez máis, toda a comunidade educativa contribuíu activamente. Cáritas e Cruz Vermella (organizacións beneficiarias da mesma) trasladaron o seu agradecemento a todas as persoas que participaron nesta iniciativa.
No remate deste ano tan especial, o claustro de mestres/as, o persoal, a dirección do centro e a Asociación de Nais e Pais As Mariñas, queren transmitir a todas as familias o desexo dunhas felices festas e Aninovo 2021.
PARA ESCOITAR AS BADALADAS NO TARABELO NAS ONDAS CLICA AQUÍ
Clica na imaxe para ver as fotos
Charla virtual con ASPACE
Enviado por admin o Mér, 09/12/2020 - 19:57Hoxe, 9 de decembro, seguimos a aprender sobre diversidade e discapacidade e o alumnado de 6º EP participou nunha charla virtual cos usuarios de ASPACE. Facilitáronnos un vídeo e presentación con información sobre a parálise cerebral e a asociación ASPACE, e fixemos un divertido xogo de todo o aprendido. Contestaron a todas as nosas preguntas sobre os seus intereses, o seu día a día, as dificultades coas que se poden atopar nas tarefas cotiás, as axudas que precisan para comunicarse, etc…,e compartiron con nós un decálogo de como lles gusta ser tratados. Aprendemos que aínda que somos diferentes, temos moitas cousas en común e queremos as mesmas cousas porque, como eles e elas expuxeron, “YO COMO TÚ, TAMBIEN SOY UNA PERSONA”.
Moitas grazas a ASPACE, os seus usuarios e persoal técnico!
Clica na imaxe para ver algunhas fotos da actividade
3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Enviado por admin o Xov, 03/12/2020 - 12:54O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e no centro realizamos diferentes actividades co obxectivo de informar e concienciar sobre a realidade e necesidades das persoas con discapacidade, así como destacar os beneficios que derivan da súa integración en todos os ámbitos da sociedade. A diversidade é a nosa riqueza!
Clica nas imaxes para ver os carteis do mural realizado e escoitar un programa especial do Tarabelo nas Ondas.
25 de novembro: Respecta o meu espazo.
Enviado por admin o Mér, 25/11/2020 - 20:26Baixo o lema "Respecta o meu espazo" celebramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero con diversas actividades nas aulas: lecturas de contos, composicións artísticas, visionado de curtametraxes, un programa especial do “Tarabelo nas Ondas” dedicado a esta conmemoración...
Escoita O Tarabelo nas Ondas aquí.
Clica na imaxe para ver algunhas das fotos das actividades realizadas.
Vídeo da clase de 3º de EP
Magosto, Samaín e Halloween
Enviado por admin o Ven, 30/10/2020 - 09:49Unha celebración do Magosto, Samaín e Halloween diferente pero na que non faltaron as cabazas, os disfraces terroríficos e as castañas.
Aquí tedes os enlaces aos vídeos das lecturas e das cabazas que realizaron os nenos/as de cada aula.
- Cabazas 4º Educación Infantil
- Cabazas 5º Educación Infantil
- Cabazas 6º Educación Infantil
- Lectura Educación Infantil
- 1º Educación Primaria
- 2º Educación Primaria
- 3º Educación Primaria
- 4º Educación Primaria
- 5º Educación Primaria lectura
- 6º A Educación Primaria lectura
- 6º B Educación Primaria lectura
- Cabazas 5º e 6º Educación Primaria
O xogo do Samaín, xogo en Genially para realizar nas aulas.
Clica nas imaxes para ver as fotos
Programa TEI: Correspondencia entre titores e titorizados
Enviado por admin o Ven, 01/05/2020 - 20:57A Comunidade Educativa debe priorizar a mellora da convivencia dentro dos seus principios fundamentais e artellar medidas e accións encamiñadas á prevención do acoso. Aprender a respetarnos, aprender a ser, aprender a estar, aprender a convivir é un dos piares da nosa escola.
Plan Director de Convivencia: Violencia de Xénero
Enviado por admin o Xov, 05/03/2020 - 18:28Onte visitounos Fernando, formador da Garda Civil, que dentro do Plan Director de Convivencia impartiu unha charla sobre violencia de xénero ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Deu pautas para previr e actuar ante este problema da nosa sociedade. Tamén fixo recomendacións para mellorar a nosa convivencia e resolver os problemas que poden xurdir na mesma.
Educando na Biosfera: Visita ao CIEC
Enviado por admin o Mar, 11/02/2020 - 13:20Dentro do programa educativo "Educando na Biosfera", o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha visita ao CIEC (Centro Internacional de Estampa Contemporánea) en Betanzos os días 3 e 10 deste mes respectivamente.
Coñeceron distintas técnicas gráficas de gravado e viron a exposición de obras existentes no Centro. Ademais realizaron unha litografía, facendo un gravado sobre un soporte metálico que consigue os matices dun debuxo. A litografía realizada está relacionada con Proxecto MIS+ que estamos levando a cabo este ano na nosa escola.
Clica na primeira foto para ver as fotos da visita de 5º de EP e na segunda para ver as de 6º.
3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Enviado por admin o Xov, 05/12/2019 - 19:16O 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e durante esta semana realizamos diferentes actividades orientadas á de toma de conciencia da súa situación en todos os aspectos da vida e á necesidade da consecución da igualdade de oportunidades para elas. Algunhas das actividades realizadas foron:
+ Presentación ao alumnado do Powerpoint realizado polo DO:
- Que se conmemora e motivo.
- Concepto de discapacidade.
- Mulleres do pasado, presente e futuro con discapacidade moi capaces.
+ Visionado de Curtas: "Tamara" e "Cordas".
+ Lectura do conto “ O reino dos mil chanzos”.
+ Música da semana: Rui (neno con discapacidade que é artista grazas á visión positiva que ten a súa familia sobre a discapacidade).
+ Exposición na biblioteca de libros relacionados.
+ Unidos pola discapacidade: O alumnado titor de 5º de EP contará un conto ao alumnado titorizado de 3º e o de 6º de EP ao de 4º de EP.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
