Actividades
8 de marzo: A muller da miña vida
Enviado por admin o Lun, 11/03/2019 - 12:00Os alumnos de sexto poñen o seu tempo para compartir uns sorrisos con toda a comunidade educativa.
Enviado por admin o Mér, 20/02/2019 - 20:35No Día da Paz escollimos cantar todo o colexio a mesma canción " Colores, colores".
Fala de igualdade, de convivencia, de compartir...Os nenos de 6º saben diso, son solidarios e participaron o curso pasado no TEI como titores, saben pensar nos demais e poñerse no seu lugar, o levan moi traballado.
Decidiron que como no teatrillo do Día da Paz falaban de que todos tivesen un sorriso, eles farían un sorriso para cada rapaz...e aí están...a parte das mandalas, do disco de Newton , onde comprobaron que as cores desaparecían ata converterse nun neutro, o branco...a parte de todo iso, fixeron 260 sorrisos, 12 cada un co seu correspondente desexo de Paz.Todos foron entregados no acto celebrado no patio.
Grazas polo voso esforzo, o voso tempo e por saber convivir tan ben.
Síntome moi orgullosa de vós.
A mestra Luisa.
Rotulamos o centro con pictogramas.
Enviado por admin o Ven, 15/02/2019 - 22:28Para mellorar a accesibilidade ás distintas dependencias do centro procedeuse á rotulación con pictogramas de todos os espazos do colexio.
Plan Director de Convivencia: Drogas e alcol
Enviado por admin o Ven, 15/02/2019 - 22:24O 13 de febreiro veu Fernando, formador da Garda Civil, a darnos unha charla sobre os efectos e perigos do consumo de drogas e alcohol.
Aclarounos moitas dúbidas e ensinounos a importancia de saber dicir non cando nos ofrezan consumir drogas ou alcol polo perigo que supón para a nosa saúde. Foi unha charla moi amena e moi educativa.
Día da Paz: Somos de cores
Enviado por admin o Mar, 05/02/2019 - 08:35Actividade de cohesión TEI: Apertas que voan
Enviado por admin o Mar, 29/01/2019 - 17:06Campaña contra a violencia de xénero: Quen dixo medo?
Enviado por admin o Ven, 25/01/2019 - 12:11O xoves 17 de xaneiro os alumnos/as de 6º de E.I. tiveron a visita dunha contacontos da campaña Quen dixo medo?, que nos veu ler o conto: " Te quiero (casi siempre)" e realizar un obradoiro no que fixemos un monicreque das personaxes deste libro. Foi unha actividade moi enriquecedora e divertida! Grazas!
Clica na foto para ver as imaxes da actividade.
Plan Director de Convivencia: Acoso escolar.
Enviado por admin o Xov, 10/01/2019 - 21:57Dentro do Plan Director de Convivencia os alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos de Educación Primaria asistiron a unha charla sobre acoso escolar. Fernando, formador da Garda Civil, informou ao alumnado sobre este problema e deu pautas para previr e actuar contra as situacións de acoso escolar.
Clica sobre a imaxe para ver as fotos da actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
