Actividades
Charla alimentación saudable
Enviado por admin o Lun, 14/02/2022 - 21:24Hoxe a nosa Comunidade Educativa tivo a sorte de contar coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro. Da man de Rosa, tivo lugar unha charla informativa telemática para reflexionar sobre a importancia de educar nunha alimentación saudable para os nosos rapaces e rapazas e favorecer así o seu axeitado desenvolvemento persoal.
Aumentar o consumo de froita, verduras, lácteos e reducir alimentos ultraprocesados no día a día, xunto coa práctica de exercicio son o camiño para fomentar hábitos saudables. E se facemos partícipes aos pequenos na elaboración dos propios almorzos, temos o éxito asegurado.
Programa Snack Lab
Enviado por admin o Xov, 10/02/2022 - 12:58O noso centro participa no programa promovido pola Asociación Española Contra o Cancro "Snack Lab". O obxectivo é fomentar o consumo de snacks saudables entre o alumnado da nosa escola.
Onte contamos cunha responsable do programa que explicou ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria a importancia dunha alimentación saudable e de como podemos conseguila.
O vindeiro luns 14 de febreiro ás 16:00 terá lugar unha sesión formativa telemática dirixida ás familias do noso centro para explicar dito programa. O enlace remitirase ao correo electrónico do alumnado e a través de AbalarMóbil ese mesmo día.
Día da Paz: Cultivamos a Paz
Enviado por admin o Ven, 28/01/2022 - 21:04Celebramos o Día da Paz recitando, cantando, bailando... A actividade principal consistiu na elaboración dun recuncho de paz, calma, resolución de conflitos, mediación... permanente para a nosa escola. Para Cultivar a Paz neste reuncho creamos unha árbore con materiais de reciclaxe.
Facede clic na imaxe para ver as fotos deste día.
Vídeo da xornada
Máis fotos e vídeos nos blogs de cada curso.
Nadal
Enviado por admin o Mar, 21/12/2021 - 15:04Hoxe despedimos o primeiro trimestre cunha xornada de festa. Realizamos distintas actividades nas aulas, celebramos unha deliciosa chocolatada, compartimos unhas badaladas cun programa do Tarabelo nas Ondas e recibimos a visita dos Reis Magos.
Facede clic na imaxe para ver as fotos desta xornada.
Felicitación Nadal
Recollida solidaria de alimentos
Enviado por admin o Mar, 21/12/2021 - 14:58Como ven sendo tradicional no noso colexio polo Nadal fixemos unha recollida solidaria de alimentos. Toda a comunidade educativa se volcou doando alimentos para persoas que nestas datas precisan da solidariedade de todos nós.
As entidades que recolleron os alimentos foron a Cruz Vermella e Cáritas de Sada. Os representantes destas asociacións pediron que se trasladara o agradecemento a todos os que contribuíron a esta recollida solidaria.
3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
Enviado por admin o Sáb, 11/12/2021 - 22:05O pasado 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, no noso centro realizamos distintas actividades a partir do conto MONSTRUO ROSA de Olga de Dios para lembrar que todos e todas somos capaces. Aquí tedes uns vídeos nos que os nenos e nenas cóntannos en que son uns mostros.
Educación Infantil 1º e 2º de Educación Primaria
3º e 4º de Educación Primaria 5º e 6º de Educación Primaria
Monstruo Rosa
25 de novembro: Darlle a volta está nas nosas mans
Enviado por admin o Xov, 25/11/2021 - 17:05Na celebración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero partimos dos famosos polbos reversibles para amosar ao alumnado as dúas facetas que pode ter, facendo fincapé na positiva. Elaboramos un gran mural para dar visibilidade a todas as boas accións que podemos realizar coas nosas mans.
Partindo da actividade de ILLA FANTASÍA: Obradoiro de amor “8 Maneiras de AMAR coas túas mans” , cada neno/a fixo coa súa man un polbo ao que engadiu 3 patas máis. Sobre cada unha delas escribimos unha forma de facer o ben coas mans: curar, crear, perdoar, agarimar, axudar… cunha etiqueta de rexeitamento da Violencia de Xénero. Darlle a volta está nas nosas mans.
Clica na imaxe para ver as fotos.
Samaín, Magosto e Halloween
Enviado por admin o Ven, 29/10/2021 - 13:24Sesión formativa: Novas tecnoloxías e redes sociais
Enviado por admin o Mér, 16/06/2021 - 21:14O alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria asistiron a unha charla sobre novas tecnoloxías. Fernando, formador da Garda Civil, deu consellos sobre unha correcta utilización de Internet, das aplicacións, das redes sociais e dos dispositivos que empregamos.
Esta actividade completa a charla destinada ás familias destes cursos que tivo lugar o pasado 26 de maio.
CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS E REDES SOCIAIS
Enviado por admin o Mér, 26/05/2021 - 20:56Dentro das actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, onte tivo lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Sada unha charla sobre novas tecnoloxías e redes sociais dirixida ás familias do alumnadao de 5º e 6º de Educación Primaria. A mesma estivo impartida por un experto nesta cuestión membro dos Corpos e Seguridade do Estado.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
