Actividades
Festa de Nadal
Enviado por admin o Xov, 22/12/2022 - 00:01Nesta xornada de festa realizamos distintas actividades nas aulas para celebrar o Nadal. Compartimos unha deliciosa chocolatada e despedimos o ano e o primeiro trrimestre cunhas badaladas co Tarabelo nas Ondas.
Finalmente visitáronnos os Reis Magos que seguro que nos van a traer moitos regalos!
Clica na imaxe para ver as fotografías
Recollida solidaria de alimentos
Enviado por admin o Mér, 21/12/2022 - 23:50Un ano máis a nosa Comunidade Educativa volcouse na recollida solidaria de alimentos destinada a asociacións sen ánimo de lucro que axudan a aqueles que máis o necesitan.
Os representantes destas asociacións, Cruz Vermella e Cáritas, pediron que se trasladara o agradecemento a todos os que contribuíron neste iniciativa.
Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Enviado por admin o Ven, 02/12/2022 - 17:27O día 3 de decembro conmemorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e durante toda está semana realizaremos distintas actividades encamiñadas a acadar unha sociedade o máis inclusiva posible.
O pasado mércores, día 30 de novembro, o alumnado de 5º de educación primaria recibiu a visita dos usuarios de ASPACE, grazas aos cales coñecimos en que consiste a parálise cerebral, as finalidades desta Asociación e todas as actividades que realizan.
Clica na imaxe para ver as fotos deste día
Hoxe celebramos a Carreira ENKI, unha proba lúdica, non competitiva, que a través do xogo promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.
Clica na imaxe para ver as fotos da Carreira ENKI
25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
Enviado por admin o Ven, 25/11/2022 - 13:33No día de hoxe conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero cun acto colectivo que puxo colofón a todas as actividades que realizamos para concienciar sobre a necesidade de loitar contra todas as formas de violencia exercidas contra as mulleres e da importancia de alcanzar unha igualdade total. Que ninguén prenda as túas ás!
Clica na imaxe para ver as fotos e vídeos deste día
Samaín, Magosto e Halloween
Enviado por admin o Ven, 28/10/2022 - 12:45Programa TEI: Entrega de carnés e diplomas aos titores/as de 5º de EP
Enviado por admin o Mér, 19/10/2022 - 09:32Día Mundial da Parálise Cerebral: Actividade de Boccia con ASPACE
Enviado por admin o Mér, 05/10/2022 - 16:50Coincidindo co Día Mundial da Parálise Cerebral que se conmemora no día de hoxe, 6 de outubro, o alumnado de 2º, 4º e 6º de Educación Primaria participou nunha actividade lúdica e de sensibilización denominada Boccia.
A Boccia é un xogo deseñado para persoas con discapacidade, inspirado no xogo de orixe italiana bocce ou bochas, de onde toma o seu nome, e aceptado como deporte paralímpico desde 1984. https://www.paralimpicos.es/deportes-paralimpicos/boccia
A actividade contou coa supervisión e participación de persoal técnico e membros de ASPACE ("Asociación de Pais e Nais de Persoas con Parálise Cerebral de A Coruña). https://www.aspacecoruna.org/mision_ga.html
Clica na imaxe para ver as fotos desta xornada
Graduación do alumnado de 6º Educación Infantil e fin do Proxecto Illa Fantasía
Enviado por admin o Ven, 17/06/2022 - 17:21Hoxe celebramos no patio do noso colexio a graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil e o fin do Proxecto Illa Fantasia deste curso. Recibimos unha visita moi especial, a de Mary Kay, que non quiso perderse esta xornada de festa, alegría e emocións.
Aquí tedes as imaxes e vídeos deste bonita xornada.
FEIRÓN AMA CON CORAZÓN
Enviado por admin o Mér, 01/06/2022 - 12:24No día de hoxe celebramos o Ferión Ama con no que o alumnado dos diferentes cursos compartiu con toda a nosa Comunidade Educativa os produtos elaborados durante este curso.
Foi un éxito de participación e todos os nenos e nenas, familias e profesorado gozamos cunha gran xornada de conviencia.
A recaudación final ascendeu a 2.100 euros e será doada, ao igual que todos os alimentos recollidos, a Cáritas e Cruz Vermella de Sada.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.
Aquí podedes ver algunhas imaxes da xornada.
Congreso Nacional TEI en Sada
Enviado por admin o Dom, 08/05/2022 - 16:21Durante esta fin de semana celebrouse en Sada o Congreso Nacional TEI que contou coa participación de psicólogos, terapéutas, filósofos e centros educativos de toda España.
O noso centro participou contando a nosa experiencia desde a implantación deste programa no ano 2018 ata o de agora. Os encargados de facer esta presentación foron Nerea e Jorge, de 6º de Educación Primaria.
Parabéns a ambos por representar tan ben á nosa escola e a todos/as os que participaron durante estes anos neste programa que busca mellorar a convivencia nos centros educativos e prevenir o acoso escolar.
Aquí podedes ver algunhas imaxes e o vídeo da presentación.
Vídeo resumo das actividades
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
