Actividades

Plan Director de Convivencia: Acoso escolar.

Dentro das actividades do Plan Director de Convivencia, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria asistiron a unha charla sobre acoso escolar impartida polo equipo de formadores da Garda Civil.

Para ver a fotos da actividade clicar sobre a imaxe.

 

O Guernica de Picaso.

Para ver as fotos clica na imaxe.

Día da Paz.

No Día da Paz fixemos varias actividades:

-Os talonarios de vales pola Paz, para mellorara a convivencia e as relacións no centro.

-Os mandalas da Paz cos personaxes de "Isla Fantasía".

-O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria traballaron o cadro de Picasso "O Guernica".

-Cantamos xuntos a canción "Busca la luz".

Picando na imaxe pódense ver as fotografías das actividades desta celebración

 

Pola igualdade e contra a violencia de xénero: “Que ninguén apague a túa luz”

Cun faroliño representamos esa luz que todos levamos dentro e que ninguén ten dereito a apagar con insultos, nin con desprezos, nin con golpes… sexamos homes ou mulleres. Hoxe Dia Internacional contra a Violencia de Xénero a nosa frase é: "Que ninguén apague a túa luz".

Os neos e nenas de 6º curso de Primaria presentaron o acto e narraron un fermoso conto Arturo y Clementina, no que se potencian os valores de igualdade e coeducación e denuncian os esteorotipos sexistas e de discriminación.

Clicando na imaxe pódese ver a galería de imaxes desta actividade

Durante os meses de outubro e novembro estivemos levando a cabo talleres para promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero. Esta actividade formativa foi promovida pola Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Sada. Desde esa Concellería, para visualizar o traballo levado a cabo en todas aulas do centro, realizouse un audiovisual, La balanza, no que participaron alumnos do colexio. A nosa felicitación e agradecemento a Olaia, a persoa que se encargou de impartir os talleres e de editar o audiovisual.

 

VI Carrera del Agua Gotas para Niger en Sada

Unicef, coa colaboración do Clube de Atletismo de Sada, organiza a "VI Carrera del Agua Gotas para Niger en Sada". Terá lugar o domingo 2 de outubro no Paseo Marítimo.

Coro, colaboradora de UNICEF, visitou o noso Colexio para informarnos desta iniciativa solidaria na que vos animamos a participar.

Podedes inscribirvos contactando co Clube de Atletismo de Sada

Plan Director de Convivencia

Dentro das actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro realizáronse dúas charlas do Plan Director para a Convivencia impartidas formadores da Garda Civil. Neste curso impartironse charlas sobre dous temas: violencia de xénero e acoso escolar.

Plan Director de Convivencia

Dentro das actividades programadas polo Observatorio de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, ofértanse á Comunidade Educativa dúas charlas do Plan Director para a Convivencia, impartidas por Jesús e Fernando, formadores da Garda Civil.

Neste curso no noso centro impartironse charlas sobre dous temas:

-Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías.

-Consumo e tráfico de drogas.

Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar

 

Dentro das actividades programadas polo Observatorio de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais, ofértanse á Comunidade Educativa dúas charlas do Plan Director para a Convivencia.

O “III Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade Escolar”, ao igual que en anos anteriores, ofrece aos centros educativos durante o curso 2012-2013 a posibilidade de solicitar charlas informativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial desenvolvida nos centros.

Neste curso no noso centro impartiranse charlas sobre dous temas:

-Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías.

-Consumo e tráfico de drogas.

Os días 16 e 23 de xaneiro, en horario lectivo, impartiranse dúas charlas dirixidas aos alumnos do 3º ciclo de educación primaria.

Escola de nais e pais.

Os martes 15 e 22 de xaneiro de 2013 ás 19 horas haberá dúas charlas dirixidas ás nais, pais e profesorado sobre os temas citados : 

Día 15. Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías.

Día 22. Consumo e tráfico de drogas.

INSCRICIÓN. Para participar nas charlas dirixidas ás nais, pais e profesorado é necesario inscribirse nas mesmas. Esta inscrición deberá formalizarse por correo electrónico ao enderezo ceip.sada@gmail.com ata o luns 14 de xaneiro inclusive.

No correo indicarase o nome e apelidos da persoa ou persoas que solicitan asistir e o día ou días que asistirán ás charlas. De non haber un mínimo de 15 participantes suspenderíase a actividade, o que se comunicaría aos solicitantes.

Sada a 11 de xaneiro de 2013.

 

Entroido: Sada nos anos 20

O 17 de febreiro celebramos a Festa do Entroido lembrando como era Sada nos anos 20 do pasado século. Por aqueles anos foi cando se fixo o noso colexio, se inaugurou o tranvía, veu a Terraza para Sada, publicábase a revista Mariñana, Manuel Lugris escribía historias e poesías de Sada, emigraban sadenses a Nova York, viñan bañistas a tomar os baños, maestras e inspectores daquela época, bailes e atuendos deses anos, anuncios, historias de merlos e de caciques, rap "S de Sada",... Para rematar filloas, orellas e rosquiñas.

Menuda festa!

Educando en valores

O 25 de novembro contra a violencio de xénero.
Vacínate contra a violencia!
Educando en valores...
Distribuir contido