Actividades
Programa TEI: Presentación de titores/as e titorizados/as.
Enviado por admin o Mar, 29/10/2019 - 22:21Hoxe foi un día moi especial, o alumnado de 3º de EP coñeceu aos que van ser os seus titores/ as TEI de 5º durante este curso. Coa actividade que realizamos hoxe comezamos a coñecernos e a crear un vínculo que esperamos cada día sexa máis forte e axúdenos a solucionar o pequenos problemas que poidan xurdir ao longo deste curso. Ánimo e felicidades a todos e a todas!
Programa TEI: Entrega de carnés e diplomas
Enviado por admin o Lun, 28/10/2019 - 21:12Todos os nenos/as de 5º ofrecéronse voluntarios para ser titores TEI neste curso. Hoxe, unha vez rematada a súa formación inicial, celebrouse na biblioteca do centro o acto do seu nomeamento oficial no que recibiron, como recoñecemento ao seu esforzo e interese, o diploma e carné TEI. A entrega foi realizada pola Concelleira de Educación María Nogareda. Os novos titores/as tamén recibiron as felicitacións e os ánimos do noso directo, Andrés; da coordinadora TEI, Lucía e da súa titora, Noelia. Estamos seguros que todos e todas realizaran unha gran labor.
Entrega diplomas TEI
Enviado por admin o Mar, 18/06/2019 - 17:29Actividade TEI: Camiño da amizade
Enviado por admin o Lun, 17/06/2019 - 21:59En Primeiro de Primaria traballamos a convivencia
Enviado por admin o Lun, 17/06/2019 - 21:55Traballamos en equipo
Enviado por admin o Lun, 17/06/2019 - 21:51Os nenos e nenas de 2º curso de Primaria traballan en equipo para coñecer a importancia da diversidade. As diferencias suman e o importante é comparti cos demais.
Padriños lectores
Enviado por admin o Mar, 30/04/2019 - 16:45En Educación Infantil traballamos a convivencia
Enviado por admin o Xov, 28/03/2019 - 22:40Dereitos dos nenos e nenas que celebramos o 20 de novembro , aproveitando unhas viñetas de Frato para traballar os conceptos de: igualdade, educación, saúde, protección,…
Mural para o día da Paz, reproducindo a obra de Picasso "El círculo de la amistad"
Xornada mundial de manifestacións en contra do cambio climático, 15 de marzo, traballamos este tema nas asambleas diarias e tamén como presentación do novo proxecto sobre o Medio Ambiente que imos a facer... aproveitando noticias de prensa e medios dixitais.
Actividade de cohesión TEI: O noso escudo
Enviado por admin o Xov, 28/03/2019 - 22:30Onte realizamos outra actividade de cohesión dentro do programa TEI, nela os titores/as e titorizados/as realizaron un escudo para que os representara como parella: incluíndo as súas calidades, afeccións, desexos... Coñecer, sentir e compartir para mellorar a nosa convivencia, entre todos/as construímos o noso colexio. Grazas polo voso entusiasmo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »