Actividade de cohesión TEI: O noso escudo

Onte realizamos outra actividade de cohesión dentro do programa TEI, nela os titores/as e titorizados/as realizaron un escudo para que os representara  como parella: incluíndo as súas calidades, afeccións, desexos...  Coñecer, sentir e compartir para mellorar a nosa convivencia, entre todos/as construímos o noso colexio. Grazas polo voso entusiasmo.